Esta é a páxina web da Historia do Mundo Contemporáneo, materia de 1ª de Bacharelato do  IES de Milladoiro (A Coruña), aínda que naceu hai xa uns anos no  IES de Arzúa  (A Coruña). Nela atoparás documentos que facilitarán a comprensión e o estudo dos temas incluídos na programación.
No programa do curso poderás ler como vai estar organizada esta materia, que comeza co que os historiadores chaman as "revolucións burguesas" (seguro que sabes que a Revolución Francesa data de 1789) e chega ata os nosos días. O teu libro de texto está organizado en unidades didácticas que discurren cronoloxicamente nese período. Así o traballaremos pero, ademais, escolleremos outras cuestións como o poder, a hexemonía, a situación das mulleres... . De todos eles tes información nesta web.
Esta páxina tamén dispón dun blog, O blog De hoxe, que está aberto a túa participación. Anímate a escribir.
Espero que De hoxe. Historia do Mundo Contemporáneo sexa de utilidade. E que a disfrutes.

 

Os teus traballos

Sobre ruedas

08.06.2017 16:47
A comezos do curso 2016/2017, profesoras e profesores de 4º de ESO (Artes Plásticas, Ciencias Naturais, Física e Química, Xeografía e Historia, Inglés, Lingua Galega, Música e Tecnoloxía) empezaron a desenvolver un proxecto de traballo multidisciplinar e interdisciplinar ao redor do coche: “A...

Selma

25.01.2015 09:22
Ao longo do curso, levamos xa horas falando do nacemento dos actuais sistemas democráticos a partir das revolucións liberais, das revolucións burguesas. Igualdade ante a lei é unha das premisas sobre as que se apoia o sistema democrático. Porén, sabemos que non sempre foi así e que non sempre é...

Diferencias salariais

19.01.2015 20:22
Ao tempo que traballamos sobre Salario justo, aparece un informe da OCDE no que se fala das diferencias salariais entre homes e mulleres. Pago justo recolle acontecementos de 1968 e, máis de corenta anos despois, as diferencias siguen a existir. Quizais a lectura da noticia facilite co comentario...

Pago justo

15.01.2015 19:37
  Pago justo é o filme sobre o que tes que facer un comentario no que incluirás información sobre as seguintes cuestións: Trátase dun acontecemento real nunha fábrica que existe: datos sobre a fábrica Quen goberna en Gran Bretaña en 1968? Que referencia a Karl Marx hai no filme? Noticia...

Los lunes al sol

01.12.2014 18:05
Remataremos en breve o visionado de Los lunes al sol. Nos días nos que vemos este filme, a prensa dá a seguinte noticia: Prexubilados de luxo, prexubilados traballadores. Os seguintes parágrafos proceden de Los lunes al sol (1:15/1:19):   Reina: “Que no, hombre, que no. Que es muy fácil...

Lola Ferreiro

01.12.2014 17:56
Lola Ferreiro, profesora no IES Lamas de Abade e da Universidade de Vigo, feminista de longa traxectoria, comezou a súa intervención lanzando unha pregunta: que imaxe nos ven á cabeza ao escoitar a expresión “violencia de xénero”. A resposta máis común é a dun home pegando a unha muller ou a dunha...

25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero

24.11.2014 12:09
Con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero, Ainhoa Seoane e Gloria Martínez fixeron unha presentación. Aínda que está feita cunha aplicación que permite imaxes dinámicas, houbo que convertila a pdf. Aínda así, paga a pena vela.

Los lunes al sol

05.11.2014 07:07
  O martes 4 de novembro empezamos a ver Los lunes al sol. Lembra que unha vez rematado o visionado terás que presentar un comentario persoal sobre a película (presentación, tema, conclusión) no que, na orde que ti queiras, terán que aparecer referencias ás seguintes cuestións: Os conceptos...

Para comentar Arde Mississippi

29.10.2014 06:16
  Bótalle unha ollada á Declaración de Virxinia de 1776. Neste documento, base do sistema democrático, dinse como inherentes á persoa unha serie de dereitos. Sen embargo, a realidade dos Estados Unidos, estivo (está) marcada por discriminacións que atentan contra eses dereitos, tanto...

Efemérides 2014/2015

11.10.2014 08:04
O pasado venres 10 de outubro fixemos unha primeira programación do que vai ser o traballo das efemérides. Se pinchas aquí poderás ler  as normas para a redacción do traballo. Espero que sexa do teu interese e que o disfrutes.
1 | 2 | 3 >>