Esta é a páxina web da Historia do Mundo Contemporáneo, materia de 1ª de Bacharelato do  IES de Milladoiro (A Coruña), aínda que naceu hai xa uns anos no  IES de Arzúa  (A Coruña). Nela atoparás documentos que facilitarán a comprensión e o estudo dos temas incluídos na programación.
No programa do curso poderás ler como vai estar organizada esta materia, que comeza co que os historiadores chaman as "revolucións burguesas" (seguro que sabes que a Revolución Francesa data de 1789) e chega ata os nosos días. O teu libro de texto está organizado en unidades didácticas que discurren cronoloxicamente nese período. Así o traballaremos pero, ademais, escolleremos outras cuestións como o poder, a hexemonía, a situación das mulleres... . De todos eles tes información nesta web.
Esta páxina tamén dispón dun blog, O blog De hoxe, que está aberto a túa participación. Anímate a escribir.
Espero que De hoxe. Historia do Mundo Contemporáneo sexa de utilidade. E que a disfrutes.

 

Os teus traballos

Arde Mississippi

01.10.2014 06:14
O martes 30 de setembro comezamos a visionar o filme Arde Mississippi, de Alan Parker. Karol e María son as autoras da presentación que nos serviu para introducir a película. Lembra que cando rematemos, terás que presentar un comentario segundo as instrucións comentadas nesta web. Espero que...

Fútbol!

05.03.2013 18:24
Lucia e Noelia explicáronnos o vernes 1 de marzo algunhas cuestións relacionadas coa historia do fútbol, un deporte que hoxe en día constitúe un auténtico fenómeno social soamente explicable porque vivimos nunha sociedade de masas dentro dun mundo globalizado. Sobre fútbol hai outra entrada nesta...

A cidade no século XIX

24.02.2013 08:17
Sandra presentounos na clase a súa visión do desenvolvemento das cidades europeas no século XIX.

Germinal

16.01.2013 16:52
Estefania preparou unha presentacion na que nos fala de Germinal, novela do escritor frances Zola, e dunha das suas versions cinematograficas.

Indepencia de América Latina

16.12.2012 10:23
A partir de esta breve presentación, Breydy explicounos algunhas características da independencia de América Latina.

Conceptos do Tema 4

11.12.2012 20:34
Xa tes a túa disposición os conceptos do Tema 4, sobre os cambios sociais no século XIX.

Van Gogh e o traballo nas minas

04.12.2012 18:58
Empezamos co mes de decembro o tema 4, dedicado á sociedade no século XIX. Unha sociedade que estivo marcada pola revolución industrial, proceso polo cal unha boa parte da poboación viviu do traballo asalariado. As condicións de vida e de traballo foron moi duras, especialmente nalgúns...

Comentario de texto: Pacto da SDN

24.05.2012 17:53
Hai uns días, dentro do tema da I Guerra Mundial, fixemos na clase o comentario do Pacto da Sociedade das Nacións (1920). Alba fixo o seguinte traballo, do que podemos aprender moitas cousas: Pacto da Sociedade das Nacións, 10 de xaneiro de 1920 As altas partes contratantes,...

Stanley Kubrick segundo Carla

08.05.2012 20:39
Esta éo traballo que preparou Carla para introducirnos a Stanley Kubrick, o director do filme Senderos de Gloria: https://www.youtube.com/watch?feature=endscreen&v=paw6Voy8byU&NR=1 Parabéns, Carla.

8 de Marzo: Día da Muller Traballadora

17.03.2012 20:06
A raíz da charla de  Mercedes González , profesora especializada en Historia das Mulleres, escribistes na clase as vosas impresións, que aparecen recollidas de seguido: Áurea e Leonor Iván Alba, Aldara e Marta Leticia e Natalia Marta e Jesús Jennifer e Rebeca Judit Iván e...
<< 1 | 2 | 3 >>