Arde Mississippi

10.10.2011 06:59

Rematamos a semana pasada facendo un primeiro comentario de texto: a Declaración de Virxinia de 1776. Limos neste documento como se dicían inherentes á persoa unha serie de dereitos ao mesmo tempo que se puñan as bases dun sistema democrático. Sen embargo, a realidade do novo país, os Estados Unidos, estará marcada por discriminacións que atentan contra eses dereitos, tanto contra as mulleres como contra a poboación negra.

Sobre este último aspecto leremos esta semana o texto autobiográfico dun escravo que acadou a liberdade,  Vida de un esclavo contada por si mismo , que data de 1845. A escravitude foi abolida nos Estados Unidos como consecuencia da Guerra de Secesión. Pero a segregación racial continuo ao longo de case todo o século XX. Exemplo desa segregación foron os asasinatos de activistas polos dereitos civís ocurridos en 1964. Sobre ese acontecemento xira o filme Arde Mississippi, dirixido por Alan Parker en 1988. Tres compañeiras, Aldara, Alicia e Marta, presentáronnos o filme.

Presta atención ás seguintes cuestións:

1. A película comeza cunha imaxe dun lavabo só para brancos e la outro para xente de color (visita o apartado "Poder e liberdade"). Que outros exemplos de discriminación racial hai ao longo da película?

2. Cando os activistas son detidos na estrada, antes de seren asasinados, un dos criminais di: "No me llames amigo, judío de mierda", frase que reflicte a ideoloxía dos asaltantes, membros do KKK. Que outras características dese grupo aparecen no filme?

3. Que pretendían facer os mozos asasinados?

4. Que referencia hai a Martin Luther King?

5. Explica as relacións entre os axente do FBI e a policía local?

6. Que significa a seguinte conversa mantida entre os dous axentes do FBI?

    -"¿Cuánto atrasan los relojes en Mississippi?"

    -"Un siglo".

7. Un dos axentes do FBI pronuncia esta frase, que tes que explicar: "Ya había guerra antes de que llegáramos nosotros".

Ao longo do visionado, fomos marcando algúns planos, algunhas secuencias que nos poden axudar a interpretar o filme. Falamos por iso dos discursos do líder do KKK; salientamos os ataques non soamente contra os negros senón tamén contra os xudeos (WASP), os comunistas ("rojos"); destacamos a aparición das bandeiras confederais (mira no teu libro de texto as referencias a Guerra de Secesión); observamos a interpretación bíblica do racismo (Xénese: Dos naciones hay en tu seno,/Y dos pueblos serán divididos desde tus entrañas;/El un pueblo será más fuerte que el otro pueblo,/Y el mayor servirá al menor); insistimos na violencia racial pero tamén na de xénero

Rematado o visionado de Arde Mississippi leremos un capítulo das memorias do historiador norteamericano  Howard Zinn . Podes tamén utilizar una noticia sobre un dos condenados.

Con todas estas informacións tes que redactar unha redacción, seguindo a estrutura habitual neste tipo de traballos, na que debes incluír a túa opinión sobre o filme. Intenta facer un comentario o máis persoal e o máis creativo posible.