Bandera roja, documental sobre a Revolución Rusa

16.04.2013 18:44

Rematamos o visionado do documental Bandera roja, un capítulo da serie El siglo del pueblo (BBC) dedicado á Revolución Rusa e ao nacemento da URSS.

O documental adáptase perfectamente aos contidos do tema chamado A revolución rusa. A URSS. É un percorrido que abrangue dende a revolución de 1917 ata o período estalinista.

Se fas un comentario deste programa, tes que incluír as seguintes palabras e frases:

Tsar, autocracia, bolxevique, Lenin, purga, colectivización, kulak, “comunismo é igual a electrificación máis poder dos sóviets”, plan quinquenal, “Stalin era un ídolo”, “primeiro estado proletario”.

Se necesitas ver outra vez a reportaxe, podes pedir unha copia ao profesor.