Charla de Mercedes González sobre a muller nos libros de Historia

17.03.2012 20:10

O 8 de Marzo celebrase o Día da Muller Traballadora. Para conmemoralo e reflexionar sobre o seu significado, invitamos á nosa clase a Mercedes González, unha profesora que ten traballado moito sobre a historia das mulleres.

Visitounos o luns 11 para falarnos da presencia, máis ben das ausencias, das mulleres nos nosos libros de texto. Xénero, patriarcado, androcentrismo… son algúns dos conceptos que empregou a nosa invitada.

O martes dedicamos a clase de Historia a comentar a charla do día anterior, que foi do voso gusto, así como a visionar unha curtametraxe, 1977, da realizadora galega Helena Peque Varela. 1977 fálanos en imaxes das desigualdades de xénero e da creación dos roles que a sociedade asigna a mulleres e homes. Con toda esta información, escribistes uns breves ensaios.

Non por casualidade, ao día seguinte da visita de Mercedes González, apareceron na prensa algunhas informacións relacionadas con estos temas. A primeira delas daba conta dunha noticia tremenda: unha moza marroquí suicidárase ao ser obrigada a casarse co seu violador (o xornal do sábado 17 incluía máis información sobre este acontecemento).

 

O mesmo diario falaba dos intentos da Unión Europea para reducir as diferencias salariais entre homes e mulleres, así como para potenciar a presencia femenina en postos de responsabilidade. O seguinte gráfico reflicte a situación da muller:

http://sociedad.elpais.com/especiales/2012/mujeres_puestos_responsabilidad_ue/

Nesta mesma web podes ler os traballos realizados na clase.

E para rematar, recoméndoche a lectura dun precioso conto,  La tía Chila , da escritora mexicana Ángeles Mastretta.