Cine e Historia (2): O Schindler español

26.12.2011 11:52

TVE emitiu o pasado 22 de decembro un filme de produción propia chamado Un ángel en Budapest.

Do mesmo xeito que Spielberg recolleu na súa película La lista de Schindler a historia du empresario alemán que salvou do exterminio nazi a varios miles de xudeos, o diplomático español Ángel Sanz-Briz librou a centos de xudeos húngaros dunha morte segura nos campos do terror. A pesar de ser un funcionario do réxime franquista, réxime político próximo ao nazismo nos anos da Guerra Mundial, Sanz-Briz utilizou o seu poder diplómatico a favor dos xudeos.

 

Para saber máis do filme podes visitar RTVE.es/elangeldebudapest. A película pódela ver en:

http://www.rtve.es/alacarta/videos/el-angel-de-budapest/angel-budapest/1279948/

TVE tamén emitiu un interesante documental sobre este Ángel Sanz-Briz, sobre o que o xornalista Diego Carcedo escribiu a biografía Un español frente al Holocausto.