Democracia e poder

07.11.2011 10:12

Rematado o primeiro tema, seguimos avanzado para saber como dende aquelas primeiras revolucións "democráticas" chegamos aos nosos días. Nas próximas semanas traballaremos sobre o Tema 3, que trata da Europa da Restauración e das vagas revolucionarias de 1829, 1830 e, sobre todo, as de 1848. O sistema liberal foi afianzándose, non sen atrancos, na Europa Occidental (Tema 5). A aparición do movemento obreiro e a súas propostas anticapitalistas (Tema 4) constituirán un perigo para ese modelo. A Revolución de 1917 (Tema 6) foi revolución contra a democracia tal e como existira ata ese momento e era unha revolución contra o capitalismo.