Deporte e sociedade

22.10.2012 07:40

Poucos días antes da celebración do partido de fútbol entre o Barcelona e o Real Madrid, o xogador Piqué fixo unhas declaracións sobre o encontro no que afirmaba que “La rivalidad es muy fuerte, y no sólo por cuestiones futbolísticas (…). Es también político porque aquí, en Barcelona, estamos en Cataluña, y para un montón de gente Cataluña es como un país. La rivalidad es también Cataluña-España, no sólo en Barcelona y Madrid”. O día do partido, celebrado no campo do Barcelona, o público despregou unha xigantesca bandeira catalana e no minuto 17:14 berrou “independencia”. Poucos días despois, o ministro de Educación José Ignacio Wert fixo unhas declaracións nas Cortes nas que afirmaba que compría “españolizar a los alumnos catalanes”.

De que estamos a falar? Dun conceptos, duns conceptos, relacionado coa materia que estamos a tratar: o nacionalismo, os nacionalismos, a nación, o estado, etc.

Comezamos a Historia do Mundo Contemporánea cun tema que inclúe a independencia dos Estados Unidos e a dos países latinoamericanos. O tema 3 chámase Revolucións burguesas e nacións, entre as causas da I Guerra Mundial (Tema 6) atoparemos o choque de distintos nacionalismos, etc.

Observa con atención estas dúas imaxes e reflexiona: