La fábrica cerró

07.02.2015 05:48

 

 

O venres 6 de febreiro, La Sexta emitiu un interesante programa, La fábrica cer, sobre o panorama industrial español: fábricas que pechan e deixan ás traballadoras e aos traballadores en difíciles condicións de vida, empresas que se deslocalizan a outros países na busca de costes salariais máis baixos, empresas que quedan no país a costa do empeoramento das condicións de traballo, etc. A paisaxe debuxada non é, case nunca, demasiado optimista. Encaixa perfectamente con tema que acabamos de rematar, o movemento obreiro. Espero que sexa do teu interese.

https://www.lasexta.com/programas/sexta-columna/avances/fabrica-cerro-lasexta-columna_2015020300227.html