Lola Ferreiro

01.12.2014 17:56

Lola Ferreiro, profesora no IES Lamas de Abade e da Universidade de Vigo, feminista de longa traxectoria, comezou a súa intervención lanzando unha pregunta: que imaxe nos ven á cabeza ao escoitar a expresión “violencia de xénero”. A resposta máis común é a dun home pegando a unha muller ou a dunha muller con signos de violencia física. Pois ben, a violencia de xénero é iso pero é tamén moitas máis cousas.

Fronte ao homicidio, xurde a idea do femicidio e de feminicidio (“Toda morte dunha muller ou dunha nena por causas evitables”, dixo Marcela Lagarde). Porque moitas mulleres morren a o cabo do ano en España (658 nos últimos dez anos) e outras moitas son vítimas de malos tratos. As denuncias son moitas (124.000 en 2013) pero se calcula que son moitos máis os casos que non se denuncian.

Partindo deses terroríficos datos Lola Ferreiro reflexionou sobre o concepto de violencia de xénero que inclúe a conculcación dos dereitos laborais, sociais e da saúde das mulleres. É fundamental a idea de “violencia simbólica”, aquelas mensaxes que nos chegan a través da prensa, dos filmes, da literatura... e que sirven para devaluar o maltrato, para que consideremos como normal o que non o é; para ocúltalo, en definitiva. É unha forma de “que a xente entregue o seu poder e que crea que non o ten”, en palabras da activista feminista Alice Walker.

O caso de Ana Orantes ¾do que xa nos falaran o día anterior Ainhoa e máis Gloria na súa presentación¾ foi o que serviu para convertir o problema da violencia de xénero nunha cuestión presente no debate público e na axenda política. A presión do movemento feminista foi clave para conseguilo. A violencia de xénero visibilízase pero queda moito treito por camiñar para eliminar esta lacra.

Desgraciadamente, a clase marchou e o tempo das preguntas e do debate foi moi limitado. Agradecémoslle a Lola a súa visita e a súa disposición para volver ao noso centro.

Que nos pareceu?

Rebeca Carballo: "Na miña opinión gustoume moito a charla xa que a violencia de xénero é algo que está moi presente nos nosos días e moita xente ainda pensa que non é algo que sea habitual.

Lola ensinounos a cantidade de mulleres que foran maltratadas e sorprendinme, xa que eran cifras moi elevadas e non so por España senón por Galicia. 

A conversa foi moi amena aínda que gustariame que vólvese porque quedaron moitas cuestións sen resolver e así tamén se podería falar máis de ese tema que agora é moi importante tanto para os xoves como para os adultos".

Aloia Pájaro: "Gústoume que explicara que a violencia de xénero non é só física, porque eu creo que hoxe en día iso non está aínda de todo claro.

Quedaron algunhas cousas sen ver e gustaríame que volvera para rematar e falar máis con ela; encántame que haxa mulleres como Lola, que loitan e dedican parte da súa vida por todas as mulleres."

Gloria Martínez: “Creo que foi moi interesante todos os datos que nos deu, a maneira de tratarnos, a cercanía e todas as cousas que nos ía contando cada diapositiva. Intentaba que chegasemos a comprender que non son uns poucos casos os que suceden, senon que os datos poden chegar ata asustar.

Quedei tamén moi contenta con que se reflexase casualmente o caso de Ana Orantes xa que estivo no noso traballo desta semana.

Na miña opinión, foi escaso o tempo, xa que só lle deu tempo a explicarnos a "teoría" e quedounos ganas a todos de ter máis intervencións e falar, como fixemos nos últimos minutos.

Este tipo de actividades son as que acaban chamando o noso interese, e máis con xente que é tan amena”.