Los lunes al sol

05.11.2014 07:07

 

O martes 4 de novembro empezamos a ver Los lunes al sol. Lembra que unha vez rematado o visionado terás que presentar un comentario persoal sobre a película (presentación, tema, conclusión) no que, na orde que ti queiras, terán que aparecer referencias ás seguintes cuestións:

  • Os conceptos de globalización, neoliberalismo (p. 406 do libro de texto). En relación con este tema inclúe unha referencia á noticia que vimos na clase sobre a situación de de Citroen Vigo.
  • O problema do paro. Inclúe un testemuño real dunha persoa en paro
  • Unha noticia sobre a situación dos asteleiros en Galicia na actualidade: (Vigo, Ferrol)
  • Comentario sobre os personaxes:
    • Cal é actitude do director cos personaxes?
    • Características e actitudes dos protagonistas
  • Papel da muller/rol masculino
  • Opinión persoal

Déixoche aquí a presentación que utilizamos para introducir a película. Espero que o filme sexa do teu interese.