Nazis, neonazis e unha película

07.05.2013 16:37

Ao mesmo tempo que tratamos os fascismos, lemos na prensa dúas noticias relacionadas co noso obxecto de estudo. A primeira delas fala de movementos neonazis en Alemaña. A segunda, “Detenido un exguardia de Auschwitz”, refírese a Hans Lipschis, que foi membro das SS no campo de exterminio. Despois da II Guerra Mundial, Lipschis refuxiouse en Estados Unidos, onde viviu desenvolvendo unha vida completamente normal.

A historia de Hans Lipschis lembra a de Mike Lazlo, personaxe do filme La caja de música. Music Box, título orixinal da película, foi dirixida en 1989 por Costa-Gavras. Está protagonizada, entre outras persoas, por Jessica Lange, nominada ao Óscar á mellor actriz.

Lange representa a unha prestixiosa avogada de Chicago, filla de Mike Lazlo, un inmigrante húngaro que vive nos Estados Unidos dende a II Guerra Mundial. Acusado de colaborar cos nazis e de cometer crimes contra a humanidade, será defendido no xuízo pola súa filla.

Nalgún momento La caja de música podíase ver en youtube.