O debate electoral segundo a túa opinión

23.11.2011 18:15

Ante a celebración de eleccións xerais o 20 de novembro, os departamentos de Filosofía e Historia organizaron para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato un encontro cos partidos políticos galegos con representación parlamentaria. A actividade tivo lugar no Salón de Actos do Instituto o pasado luns 7 de novembro.

Asistiron, polo Partido Popular, Antonio Fraga Sánchez, deputado autonómico dende xuño de 2011 e primeiro tentente de alcalde de Curtis. Silvia Fraga Santos, tamén deputada autonómica, foi a representante do PSdG-PSOE. Polo Bloque Nacionalista Galego interviú Iria Aboi Ferradás, na actualidade secretaria xeral de Galiza Nova e membro do Consello Nacional do BNG.

O debate foi moderado por Xavier Vázquez, que foi dando a palabra, por un espazo de dez minutos, a cada un dos invitados. Agotada esta quenda de intervencións houbo unha segunda na que as tres forzas políticas responderon ás alusións habidas na primeira rolda. Finalmente, o debate abriuse ao alumnado presente que fixo varias preguntas e quedou con ganas de facer máis.

Segundo o relato escrito polo alumnado que asistiu, que podes ler a continuacion, a experiencia foi de interese. A queixa máis frecuente foi o escaso tempo que quedou, precisamente, para as intervencións do alumnado.

***

 

Cando o profesor de Xeografía nos propuxo a actividade a realizar, díxonos que consistía nun debate político onde nós, os alumnos, tiñamos dereito a falar, facer preguntas e expresar as nosas opinións interactuando cos políticos. Tomei a actividade con interese, xa que me pareceu útil, unha actividade da que todos, tanto eles, os políticos, coma os alumnos, poderíamos sacar tallada; pero en realidade convertiuse nun cara a cara entre os políticos, xa que prácticamente non houbo quenda de preguntas poruqe non fixeron máis que contestarse e replicarse entre eles.

Gustaríame facer unha crítica tamén dalgún dos representantes. Para empezar, critico a Antonio Fraga pola súa contestación co dito de que “non insulta quen quere senón quen pode”. E pregunto: quen ten dereito a criticarnos a nós, os galegos?

Tamén quero criticar a postura de Silvia, pola súa xustificación da política que fixo o PSOE durante estes oito anos; e, por último, á actitude de Iria, xa que criticaba a Amancio Ortega por poñer a sede da tenda on-line nun paraíso fiscal, e mandar facer a súa roupa en países de man de obra barata. Onde penso que estaban feitos os seus deportivos Adidas? Si tan en contra está da man de obra barata en países subdesenvolvidos… por que lle dá os cartos ás multinacionais, que como di ela gañan milleiros de millóns ao ano e nos pagan un peso pola man de obra? Señora iria, polo menos o propietario de Inditex crea postos de traballo en Galicia, en toda España e no estranxeiro, non como os señores de Adidas.

***

O debate foi un pouco aburrido porque parece que os únicos que falaban eran os representantes do PP e do BNG, os únicos que de verdade debatían.

Tamén penso que os representantes non responderon con claridade a maior parte das preguntas que fixeron os alumnos.

O representante do PP dixo que “falar máis de vintecinco minutos era aburrido”; pois el falou vinte minutos e foi aburrido.

***

Na miña opinión, todos explicaron moi ben o seu programa políticos e en que se diferencian uns dos outros.

Salín moi contento dos tres, pero sobre todo de Iria Aboi, do BNG, xa que defendeu sempre que puido os dereitos dos galegos, aínda que lle falto algo de respecto ao representante do PP: cando ela falaba os outros candidatos non facían nada pero cando falaban estes falaban ela facía muecas e non lles deixaba falar.

Tamén saín contento da exposición de Antonio Fraga, do PP, xa que se defendeu moi ben das críticas q            ue lle fixeron e defendeu ao seu partido, ao igual que Silvia.

***

O debate de onte serviu para que os representantes do PP, PSOE e BNG nos deran a coñecer parte das medidas que os seus partidos levarían a cabo en caso de gañar as próximas eleccións.

Considero que o tempo empregado para a exposición dos distintos puntos de vista debería ser máis breve, nalgúns casos, e adicar máis tempo ás cuestións que quixeran face os alí presentes.

***

Dende o meu punto de vista a organización do debate estivo moi completa pero as intervencións e o resultado final deixaron moito que desexar.

Pareceume un pouco egoísta por parte dos candidatos, os tres, que só se adicaran a presentar o seu e a reprocharse uns aos outros; como resultado non deron tempo suficiente para que os alumnos interviñeramos todo o necesario, pois tan só puidemos facerlle dúas preguntas.

Como crítica individual penso que Iria, do BNG, estivo moi acertada coas súas palabras pero se excedeu interrumpindo, poniendo caras… mentres os outros dous representantes falaban; un feito que creo que debeu evitar pois me parece unha falta de educación.

Dos outros dous representantes, Silvia e Antonio, teño que dicir que a súa maneira de estar e o seu comportamento foi bastante correcto e educado, pero á hora de contestar ás preguntas e expor o seu programa non foron moi acertados. Unha pola maneira de responder tan serie e non demasiado clara e o outro, sobre dicilo, polo extensa que foi a intervención, que ao final resultou algo aburrida.

Como opinión final, o debate puido ser máis construtivo e non destrutivo entre eles.

***

O debate de onte resultou interesante e entretido, nalgúns puntos, aínda que a exposición dalgún candidato resultou algo aburrida.

Deste debate cabe destacar a maior participación dos candidatos do PP e do Bloque porque foron os que levaron o peso do mesmo.

A candidata do BNG tivo unha actitide pouco correcta para estar ante alumnos dun instituto xa que ao contrario dos seus compañeiros, interrumpiunos en varias ocasións.

Deixando atrás algún pequeño detalle, o debate resultoume interesante e creo que foi de bastante utilidade.

***

Quero comezar dicindo que a actividade estivo ben e que, por unha parte, nos achegou as ideas que ten cada partido e as súas expectativas.

A primeira parte, a da explicación, estivo interesante; ao mellor un pouco extensa, pero ben. A segunda, a do debate, desenvolveuse máis ou menos. As intervencións dos representantes quizais foron longas de máis, e non houbo tempo para que todos os alumnos formulasen as súas preguntas. Pero sacando estes contratempos eu paseino ben e descubrín a diferenza que hai entre os partidos.

Quero rematar dicindo que me encantou a expresividade do representante do BNG.

***

Na miña opinión, o debate levado a cabo onte no Instituto foi de moita utilidade, tanto para o alumnado como para os representantes dos diferentes partidos políticos. Pero cambiaría unha cousa: o tempo para preguntas, xa que bastante xente quedou con dúbidas mentres os políticos gastaron tempo en discusións absurdas. Considero que se deberían centrar máis na exposición das súas ideas e proxectos e en aclarar as nosas dúbidas. Pero de todas formas gustoume o debate.

***

Na miña opinión o debate que se produciu o 7 de novembro no IES de Arzúa foi entretido, ameno e útil, xa que se os participantes expuseron as propostas o máis brevemente posible.

Grazas ao debate de onte puidemos coñecer un pouco máis de cerca as propostas de cada partido (PP, PSOE e BNG). Debatiron entre eles, expuxeron as súas propostas, participaron activamente na discusión, o que levou a que se deran pequenos roces entre eles, o que estivo ben.

O que non estivo tan ben, e isto non creo que sexa problema nin do IES nin das persoas do debate, foi que houbo pouco tempo para as preguntas.

Pola miña parte nada máis. Espero que se produzan e que veñan ao centro máis debates, xa que son moi interesantes.

Un cordial saúdo.

***

O debate de onte pareceume unha boa maneira de implicarnos aos alumnos directamente nos asuntos políticos. Como ben recalcaron os tres representantes dos tres principais partidos, a política non é un asunto que “non vaia con nós”, xa que dentro de pouco a mayoría teremos dereito de voto.

Calquera das tres persoas que falaron explicaron e defenderon a súa causa con argumentos bastante convincentes. Puídose notar unha gran rivalidade entre as diferentes ideoloxías. Pareceume que a máis sincera de todos foi Iria, a representante do BNG, que criticou e expuso os erros dos gobernos do PP, na Xunta, e do PSOE, no Estado.

Houbo algún momento non que chegou a perder as formas e a facer cousas como interromper ao representante do PP mentres este exponía as súas ideas.

De todos os xeitos, a pesar de que foron cen minutos seguidos, resultoume un debate ameno. A min, persoalmente, serviume para comprender un pouco máis a situación do noso país e da nosa comunidade.

***

O debate de onte non IES de Arzúa cos representantes das tres unidades políticas, pareceume o máis interesante e produtivo dos que levamos feitos até o de agora.

Opino que a forza e a paixón que se viu reflexada pola candidata do BNG deixou na sombra á pasividade que os representantes das “mayores” forzas políticas do Estado manifestaron.

Iria Aboi foi a única candidata que intentou explicar as cousas, ou máis ben, a realidade, dunha maneira que todos os mozos e mozas da nosa idade poidemos entender. A desviación nas respostas a moitas preguntas efectuadas polo alumnado, a exposición de noticias como exemplo a seguir sen contrastar datos sumamente importantes que as deixan en entredito, son soamento pequenos detalles que podemos salientar da tarde de onte respecto a algún representante político.

Penso que o aspecto negativo foi a escasa intervención do alumnado xa que non houbo tempo, debido ao “cara a cara” ao que se someteron entre eles.

Outro dato a salientar tamén é, un pouco, a falta de respeto que nalgúns casos se deu na mesa, por xestos duns e doutros ao falar o representante opositor.

Inda así creo que foi un debate construtivo e de gran axuda para ter máis datos precisos e ideas máis claras.

***

O luns 7 de novembro, no IES de Arzúa, celebrouse un “debate” entre as tres forzas políticas que se presentan á presidencia do goberno nas eleccións xerais do 20 de novembro.

O representante do Partido Popular, na miña opinión, non foi de todo correcto, xa que falou máis tempo do que lle correspondía. Expuxo cousas que para min non viñan moito a conto.

A representante do PSOE non expuso completamente o programa electoral do PSOE, pero se dedicou a dicir o que fixera o seu partido en España nos oito anos de goberno.

Por último, a representante do Bloque Nacionalista Galego foi para min a mellor, a máis clara. Expuso o programa electoral do BNG, solucións para a crise, solucións para Galiza. Intentou exponer solucións para os problemas económicos galegos como, por exemplo, os do naval, os do sector leiteiro, etc.

Na miña opinión a representante que mellor estivo e que “gañou o debate” foi Iria Aboi, do BNG, que se presenta ao Senado pola provincia de Pontevedra.

***

O cara a cara que se viviu no IES de Arzúa foi verdadeiramente útil para abrir os ollos a rapaces e rapazas que seguramente non tiñan moita idea sobre temas políticos. É algo que non se fai moito no ensino primario e secundario.

Hei de dicir tamén que o candidato do PP chegou con aires de “ser superior”, asoballando aos outros dous partidos que estaban no debate. Seguramente a súa actitude altiva débese a que as enquisas dan como favoritos aos Populares. Agarrándose a isto, intentou facerse o gracioso nunha sala na que case só podían votar quince persoas. Gustaríame saber que faría o representante do PP noutro lugar con esa actitude.

Para min Iria Aboi estivo fenomenal. Fixo calar un pouquiño ao candidato do PP, quen se quería extender. Penso que persoas como Iria son as que deben gobernar.

Con respecto ao representante do PSOE non teño moito que dicir dado que non me aportou moito.

***

Ayer, día 7 de noviembre, en el instituto, hubo una charla de política. Para ello, enviaron a un representante de cada partido político, Antonio Frago representaba al PP, Silvia Fraga representaba al PSOE y Iria Aboi al BNG. Cada uno tenía unos diez minutos para dar las razones positivas y objetivas de su partido. Hubo varios, en concreto, la representante del PSOE y el representante del PP que se excedieron en su tiempo y , por lo tanto , su discurso llegó a ser un poco pesado. La representante del BNG, en mi opinión, fue la que más me convenció; no sé si fue por su forma de expresarse o porque utilizaba conceptos más simples que todos entendíamos.

Yo no me he posicionado a favor de ningún partido por ahora; la política no es algo que me llame mucho, la verdad, y al escuchar los discursos de los representantes, vi que el BNG era el que más se acercaba a mis principios.

Pienso que el representante del PP hizo un discurso larguísimo y utilizó conceptos muy políticos que yo no llegaba a entender y eso hizo que dejase de antenderle. Lo mismo me ocurrió con la representante del PSOE.

Por último, habría estado mucho mejor la charla si se hubiesen podido plantear más preguntas y si los representantes no se hubiesen extendido tanto, exceptuando la persona del BNG, que para mi fue la mejor con diferencia.

***

El otro día vinieron al instituto tres representantes de los partidos políticos de Galicia. Bueno, empezaré por decir qué me pareció cada uno de ellos.

El representante del PP decía casi lo mismo que el PSOE , o eso me pareció, quizás porque ninguno de los dos me llamó la atención. Decían lo de siempre, lo típico que dicen los políticos y que nunca cumplen. A mi no me gusta la política y es difícil que consigan llamar mi atención en reuniones de este tipo.

Por eso mismo, he de decir que la representante del BNG merece un fuerte aplauso. Consiguió llamar mi atención y no me aburrí mientras hablaba. Decía las cosas altas y claras, y creo que en todo su discurso tenía razón. Fue la única que me convenció. Gracias a esta última el debate fue interesante.

También hay que decir que habría que verla gobernando, porque es muy posible que luego hiciera lo que todos… y claro, como nunca ha gobernado no tenía tantas dificultades, ya que pocas cosas podían decir en su contra.

De todas formas si tuviera que votar, lo haría sin duda alguna por ella. Cuando entré en la reunión, iba concienciada de que el BNG no me convencería. Al salir, cambié totalmente de opinión.

Esto es todo, solo espero que gobierne quien más piense en los ciudadanos, y que no gobiernen los que lo hacen por ellos mismos, que son casi todos, por no decir todos.

***

A mín pareceume unha boa idea traer aos  tres políticos, un de cada partido, que nos explicaron as súas propostas cara as eleccións do 20 de novembro.

Eu penso que non se deberian estender tanto para que o alumnado lles fixese preguntas para resolver as súas dúbidas.

A representante do BNG pareceume que pretendía comprar a xente, nin as veces respetaba o turno dos outros dous representantes é ainda máis que ao remater a sesión dúas persoas estiveran a dar propaganda do BNG.

Gustaríame que nas próximas eleccións que houbese trouxesen a politicos.

***

Onte, sete de novembro de 2011, con motivo das eleccións xerais do día 20, viñeron tres persoas representando a tres partidos: Antonio por parte do PP, Silvia por parte do PSOE e Iria por parte do BNG.

A primeira en falar foi Iria. Sen dúbida ningunha, foi a que máis lle atendemos, xa que a súa forma de falar e explicar as cousas eran moi doadas de entender.

Seguiuna Silvia, a cal non foi tan entretida, por dicilo dalgunha maneira, como Iria. Quizais o seu problema de gorxa foi o fallo, ou quizais non.

E para rematar a primeira ronda, falou Antonio. Falou tanto e enredouse tanto, que enseguida nos cansamos.

Logo empezou o debate entre eles e, como é obvio, cada un defendía o seu. Houbo algúns roces co PP e o BNG, xa que sen dúbida son os que máis chocan.

Para rematar, pasamos ás preguntas aínda que so se puideron facer dúas, xa que non dou tempo a máis.

Persoalmente, a min non me chama moito a política, pero a actividade de onte fixo que me interesara un pouco máis sobre ela, sobre todo polo BNG.

***

O debate pareceume un pouco monótono e repetitivo xa que os tres representantes dos partidos políticos expuxeron as súas expectativas para este novo ciclo político.

Foi una experiencia interesante ter en carne e óso tres representantes debatindo entre eles, aínda que debería dde haber máis comunicación entre o alumnado e os políticos.

Moitas cousas das que dixeron foron certas pero outras non se ven tan claras na sociedade na que actualmente vivimos.

Todos teñen ideas e pensamentos diferentes e penso que se deberían de respetar mutuamente aínda que defendan ao seu partido político.

Non son moi partidaria das políticas e dos debates polo que non me pareceu moi interesante a forma de contarnos os seus idearios: iso é o que escoitamos, vemos e lemos todos os días na prensa.

Os representantes políticos foron moi correctos e traballaron moi ben o que nos ían exponer. Pensó que hai que ter una habilidade especial para saber escoitar, calar, falar e responder nos momentos máis oportunos, así como tamén falar cra un público difícil. Por iso felicítoos.

***

Foi un debate moi interesante, posto que cada un dos partidos puido explicar de forma resumida o seu programa electoral. Penso que o tempo ao final da sesión se fixo curto. Puidéronse dividir mellor os turnos de palabra pa que tivésemos tempo para preguntar.

Eu opino que toda a política é un tanto enganosa, posto que nos programas electorais dos partidos prometen cousas que logo non cumpren. Pero tamén creo que hai políticos que en verdade miran pola mellora da sociedade, non como algún que outro que cando decide meterse na política penso que non sabe moi ben o que fai.

Por parte do BNG e do PSOE oin un discurso claro, conciso e interesante. Tocaron moitos temas de importancia. En cambio, no turno do PP observei que falaba demasiado pero pouco sacamos en limpo. Ao meu parecer, manexa cifras que non creo que fose necesario citar.

Un punto que me chamou moito a atención do BNG foi a frase de “se o BNG está no Parlamento, Galiza terá representación, senón non será representada”. Non estou de acordo con esa idea posto que no PSOE tamén hai galegos que sabemos que mirarán por Galiza.

Por outra parte, do discurso do PSOE non teño ningunha crítica.

O último que me gustaría aportar é que se os políticos veñen a un debate, sempre que sexan con respecto, están expostos a unhas preguntas e algunha crítica, e deberían amosar unha actitude “coherente”. Eu non vin esa actitude por parte do representante do PP.

***

O debate de onte pareceume interesante, xa que cada un expuxo as súas opinións e as do seu partido político de cara ao goberno dos próximos catro anos; pero houbo algunhas intervencións demasiado longas, co que ao final algunha xa se fixo aburrida.

O debate pareceume interesante, só que faltou tempo para facer preguntas, co que algunhas quedaron sen facer e quedamos coa dúbida sobre algúns temas que nos interesaban e que ningún dos tres os tocou, como cal era a súa opinión sobre o movemento de indignados 15 M ou os recortes na educación, como recortar en bolsas, axudas para mercar libros e material escolar e cal vai ser o futuro de  algunhas ideas sobre a educación como a de aumentar o numero de horas en inglés.

Tamén quería preguntarlle ao representante do PP si van seguir os recortes como os que están facendo a señora Esperanza Aguirre en Madrid. Quedou a dúbida das solucións contra o paro; e a representante do PSOE si van cambiar a política económica xa que esta está visto que non da resultado, ou se van seguir aprobando e desaprobando leis, e viceversa, como a lei da limitación a 110 ou a de receitar xenéricos.

Pareceume interesante, pero faltou tempo para preguntas.

***

O debate en si estivo moi ben. A maneira de expresarse de Iria, representante do BNG, para o meu gusto, pareceume fantástica, xa que, explicaba con precisión que tipo de propostas existen no seu partido. En cambio Silvia Fraga, representante do PSOE, freaba moito ao falar e moitas veces non entendía ben a idea que nos quería dar. Por último, Antonio Fraga, representante do PP, non amosou credibilidade nas súas palabras porque Iria sempre tiña algo con decir aos argumentos deste.

O único que non me gustou foi que case non houbera tempo para que os alumnos fixésemos as nosas preguntas. Eu tiña moitas cuestións que facer, desexaba que me respondesen porque eran unhas preguntas moi interesantes. Estou certa de que se chegara a facérllelas seguro que non mas ían responder como debían. E disto podo dar credibilidade xa que a maioría das miñas preguntas tiñan que ver con críticas que Iria fixera cara os outros partidos.

Pero bueno, aínda que penso que Iria estivo fantástica facendo o seu traballo, nalgunhas respostas que deu aos outros dous representantes e claro, como os outros dous sempre tiñan algo que decir, ocorreu que non nos deu tempo aos demais a realizar as cuestións que tiñamos propostas para eles.

Sen dúbida a min a que máis clara me deixou as cousas foi a representante do BNG.

***

Sobre o debate electoral debo dicir que me pareceu moi interesante, posto que a candidata do BNG fixo que fose bo de levar xa que a política non é un dos temas que atraen ós estudantes. Con respecto ós outros candidatos penso que non aportaron o suficiente, sobre todo o do PP. Pero en xeral, foi entretida e interesante.

***

O debate do día 7 de novembro estivo moi ben para ver as diferentes posturas que adoptan os tres partidos que estiveron presentes.

Dende o meu punto de vista, a máis coherente foi a representante do BNG, Iria Aboy, que falou dos temas que realmente afectan á sociedade hoxe en día e , sobre todo , da situación da mocidade, que é o que nos afecta a nós actualmente. Tamén destapou algún trapo sucio dos outros dous partidos ao que os seus representantes non quixeron dar unha explicación ao respecto.

Víase tamén que os representantes do PP e PSOE intentaron esquivar tódolos comentarios que tiñan toda a razón, como por exemplo, no ámbito económico.

O representante do PP defraudoume moito con varios comentarios, entre eles o do significado da palabra 'galego'. Pero tamén ei dicir que tanto a representate do PSOE como do PP teñen razón en dicir que galegos somos todos e que non se debe descalificar a ningún galego por non ser do BNG.

Áparte tamén quero dicir que o tempo pareceume escaso, xa que non se puideron facer moitas preguntas que nos interesaban.

Tamén chamoume moito a atención que ningún dos tres representantes deran as súas opinións respecto ao movemento do 15M, gustaríame saber qué pensaban desta revolución democrática.

Pola miña parte eu tiña unhas cantas preguntas que quería que mas resolveran, sobre todo unha destinada a Antonio Fraga, respecto ao comentario de Iria Aboy, polo tema dos recortes en sanidade impostos pola Xunta de Galicia; pareceume totalmente incoherente que se retire o servizo da ambulancia nalgúns municipios e que non se fagan 'axustes' no caso de que un médico teña á vez unha consulta pública e outra privada, por exemplo; ou tamén que os ministros sigan tendo o salario que teñen mentres que a cifra de paro sigue crecendo descontroladamente.

***

Pareceume moi interesante o debate xa que achegaron ideas de cómo sería o seu goberno. O BNG aportou ideas que foron clave, para o público. Adaptouse moi ben a nós e o seu programa electoral era longo. Penso que o que máis nos chegou a todos os rapaces e rapazas que estabamos entre o público foi que dous diputados sacaran a palabra ‘’galego=parvo’’ do diccionario Español. O que non me gustou demasiado foi a actitude do PP cando se lle falou disto. Amosou una actitude desinteresada ante un atropelo que nos atinxe a todos os galegos e galegas. El é un galego máis.

Penso que o PP teña razón cando dixo que sacarnos da Unión Europea (do euro) sería a ruina para España xa que agora non estamos no mellor momento para saír da moeda común para máis de quince países.

Aínda que o Bloque dixo que só se lle votaban o BNG que Galiza estaría no goberno, cando en realidade non é así. Eu síntome igualmente representada neste goberno.

Gustoume que o meu instituto fixera esta conferencia xa que estivo bastante interesante. Aínda que o reparto do tempo non estivo igualado para todos.

Non todos os representantes dos partidos amosaron un actitude respectuosa. Os máis irrespectuosos que se mostraron foron os do PP e o BNG e a máis respetuosa foi a do PSOE. Tivo una actitude exemplar.

***

A actividade celebrada o pasado día 7 de novembro no IES de Arzúa foi interesante, só que non deu tempo a que os representantes dos tres grupos maioritarios en Galiza, que asistiron, contestaran as nosas dúbidas; xa que algún representantes, como foron o do PP e ou nalgún caso a representante do PSdG-PSOE, se excederon no turno de palabra. Máis ala dos meu ideais políticos, que neste caso coinciden, a representante que máis me gustou , e a que mellor chegou aos alumnos do centro, foi a do BNG, Iria Aboi. Esta representante falaba dun xeito claro e conciso, dicindo cousas coherentes e dando argumentos sobre calquera das cuestións que expuxo.

Todos nós tiñamos moitas cuestións na nosa cabeza, pero so deu tempo a expor tres delas. Para min a mais interesante foi a que formulou un compañeiro; este dixo: “podédesme explicar a diferenza entre o PP e o PSOE? Porque eu non atopo ningunha”.  Na miña opinión este compañeiro ten razón; eu tampouco noto gran diferenza nas súas políticas. So que o PP e máis conservador, en temas como a homosexualidade, o aborto etc. E o PSOE nese sentido é máis liberal.

***

A actividade que houbo o pasado luns 7 de novembro, foi un debate entre os partidos (PP, PSOE e BNG). Empezou sendo un pouco aburrido. Ata que tocou o turno do PP metendose coa hora (cando dixo que 20 /25 minutos non e informar era aburrir…) dirixindose a elas. O BNG gustoume como falou e o que dixo; para min tiña e ten moita razón. O PSOE sinceramente non le entendin moito do que dixo e o PP un caso a parte; non se le entendeu nada ou eu polo menos. Polo que vin chegoume para saber que a mellor que se explicaba era a do BNG. Porque o PP o único que sabía facer, era meter contra o BNG, é decir, cousas que non tiñan sentido. Despois non houbo moito tempo para preguntas, pero unha da que respondeu o do PP a un alumno non tubo moito sentido; ou polo menos el seguía sen entendela desposta. Os do BNG falan con sentido e teñen razón, mentres que os do PP só saben malmeter en todo; e polo que eu respeta non vexo ningunha mellora pola súa parte.

***

A min o debate pareceume unha boa actividade para saber o que defende cada partido. E saber en que cousas están de acordo e en que cousas non o están.

Tamén me pareceu interesante as discusións que tiveron a o finalizar a primeira e a segunda vez que falaron.

Non me gustou que cada turno de palabra se estendese tanto e que o final houbera poucas preguntas. E tamén que as preguntas só fosen hacia o representante do PP, porque os outro poderían dar o seu punto de vista.

Tampouco me pareceu correcto que a representante do BNG, Iria Aboi, estivera falando en baixo e poñendo caras mentres falaba, sobre todo, o representante do PP. E ademais ao final do actos estiveran repartindo os do BNG folletos coas súas propostas intentando comprar a xente.

***

Pareceume moi interesante que tres políticos, un do PP, una do PSOE,  e una do BNG viñesen a darnos un mitin para comezar a informarnos das posturas que defenden e das súas de goberno, posto que en pouco tempo xa seremos votantes e necesitaremos informarnos.

Estiven  bastante atenta aos feitos que argumentaron cada un deles, e se nas próximas eleccións tivera xa o dereito de votar, penso que tería unha idea do partido polo que me decidiría.

Aínda que apenas estou comezando a meterme no mundo da política e non entendo moito do tema, xa me fun dando de conta de cómo son uns partidos e outros e cales son os seus propósitos.

Quedoume unha cuestión pendente por preguntarlle aos representantes dos tres partidos , que medidas propoñen cada un deles para rematar especialmente co paro xuvenil.

Aínda que falaron pouco do tema, penso que deberían de matizar máis nalgúns asuntos dos que nos falaron relacionados co paro xuvenil.

Penso que o mitin debería de durar algo máis de tempo. Pareceume bastante breve; por unha parte porque cada representante debería de expoñer máis argumentos que o defendese; e outra, porque os alumnos non tivemos a oportunidade de preguntarlles as nosas dúbidas,que verdadeiramente  era  o que a nos, os alumnos, máis nos interesaba.

Aínda que dixen que xa pode ser que houbese un partido polo que me decantaría , cun único mitin non podes saber cal sería o mellor para o teu país e deberían darnos máis actividades deste tipo.

***

Na miña opinión o debate de onte estivo interesante. A pesar de que o tempo foi breve, penso que é unha boa maneira de ir informando á xente nova que aínda non ten a idade de votar, co fin de informala de coñecementos  para cando chegue á maioría de idade. Á xente que xa ten os dezaoito anos,  tamén lle sirve de información para que reflexione a quen outorgar o seu voto, posto que os representantes dos partidos expoñían brevemente o seu programa .

A única crítica que teño respecto do debate  de onte é que,  a pesar do pouco tempo do que se dispoñía, os representantes debatían moito entren eles e ao final non houbo o suficiente tempo para que algúns alumnos puidesen formular as súas preguntas.

Dendo o meu punto de vista sí que se debería continuar facendo ese tipo de debates, xa que se lle pode quitar un bo proveito. Pero penso que se debería facer cunha mellor organización do tempo para que aquel que desexe participar nel, o poida facer sen ninguna limitación do tempo.

***

O pasado día 7 de novembro no instituto de Arzúa tivemos unha actividade realiza polos profesores de Historia e Filosofía: un debate político ao que acudiron os tres representates das tres forzas políticas máis importantes en Galiza: o BNG, o PP e o PSG.

Primeiro cada un dos seus representantes falou sobre o seu plan electoral. Penso que os descursos máis axeitados foron o do BNG e o do PSG; pola contra o do PP non foi nada claro: falou poñendo moitos datos e cifras o cal moitos dos alí presentes non chegaron a entender todo. O mellor na miña opinión foi o de Iria Aboi (BNG), falou con convencemento e claridade.

Despois de que cada representante falara houbo un turno de preguntas, que foi demasiado breve xa que non tivemos a oportunidade de facer  todos as preguntas que queríamos.

En resumo, pareceume unha actividade moi interesante, que se debería de repetir e para a próxima de duración máis longa. E recalco o de que se debería repetir xa que estamos a falar de algo que a todos nos interesa; sobre o futuro de Galiza, e decir o noso futuro.

***

A miña opinión é que o tempo impediunos a explicación máis amplía e a total exposición de preguntas dos alumnos, pero aínda con todos estes problemas, a charla foi interesante.

Os parlamentas deron moito xogo, o do PP excedeuse un pouco no seu turno de palabra. Pode ser debido a que o seu programa electoral lle fixera máis difícil a súa exposición.

Os parlamentarios das tres agrupacións políticas máis fortes en Galicia contáronnos o seu programa electoral. Na miña opinión, o BNG foi o máis claro e o programa que máis me gustou, seguido do PSOE. O do PP é aceptable pero non suficientemente claro e funcional para os difíciles tempos que corre a poboación española.

***

A actividade de onte, pareceume moi interesante, xa que e un tema que lle afecta a todo cidadán. Sen dúbida a mellor dos tres representantes dos partidos políticos foi Iria, xa que conseguiu a atención da gran parte do alumnado co seu discurso. Sen embargo, Silvia e Antonio xa non conseguiron chamar a nosa atención, polo que non falaban de temas que nos puideran interesar. Con isto quero dicir que si o debate valeu a pena a gran parte foi grazas a Iria.

Falando de política penso que calquera dos tres partidos PP (Antonio), PSoE (Silvia) e BNG (Iria) nestes momentos falar do que máis lles convén, pero habería que ver si a hora de facer, fan todo o que din. Persoalmente penso que o que din o din pa gañar e ter o poder pero á hora da verdade non fan nin a metade do acordado. Por iso penso que a política e como si fora un concurso que todos os políticos loitan por gañar e cando xa gañaron disfrutan da súa vitoria facendo o que máis lles convén a eles e non aos cidadáns. Así está España como está.

***

O día 7 presenciei dous debates, un televisado de Rubalcaba e Rajoy e outro que tivo lugar no meu instituto. Tres representates das tres maiores forzas políticas (PP, PSOE, BNG) tiveron a amabilidade de presentarnos a modo resumo o programa electoral. Comezo falando según a orde na que se presentaron os tres representantes.

Iria Aboi, a representante das mocedades nacionalistas galegas, ofreceu dun xeito moi interesante as propostas do seu partido e por que debe estar representado o BNG no parlamento español. A cuestión é simple: defender os dereitos dos galegos. Un tema importante do que pouca xente se percata e non se dá conta de que o BNG é, entre outras agrupacións políticas, unha alternativa ao bipartidismo do PP-PSOE. Deste xeito, tocando asuntos que máis preocupan a poboación, recibiu a mellor ovación dos alí presentes.

Silvia Fraga, a secretaria das xuventudes socialistas, contrastou algún punto en desacordo con Iria e criticou ao PP para facer ver que o  PSOE é mellor opción ca os de dereitas. De igual forma fomentaba o bipartidismo xa que, segundo a súa opinión, o PP é o único partido ao que afrontarse. A pesar de facer un discruso sen moito interese, fíxoo medianamente ben e por iso os receptores a aplaudiron por respeto.

Antonio Fraga, candidato ao Parlamento polo PP, foi, ao meu parecer, a mancha do debate que derivou en polémica afirmando cuestións das que non estou de acordo de ningún xeito e defendendo os seus ideais, absurdos, na miña opinión. Por iso ninguén aplaudeu o seu discurso que arremetía contra a democracia.

O tempo foi consumido polas intervencións dos tres políticos, o que fixo que se retrasase o turno dos participantes que lle preguntarían por diversas cuestións. Deste xeitos só tres poidemos pedir o turno de palabra.

En definitiva, o debate estivo ben pero faltou o esencial: máis protagonismo por parte dos escoitantes, xa que uns cantos quereiamos que nos prespondesen ás nosas preocupacións. Por ouro lado, quero destacar que ningún representante falou do Movemento de Indignados, onde propiamente se manifesta a democracia, algo polo que eles se rixen, e, que de seguro, nos interesa a moitos. Mais o debate sérveme para reflexionar que se todos os españois e galegos presenciasen debates similares, plantexaríanse votar o bipartidismo, xa que poderían escoitar frases como: “o exército é necesario”, “recórtase en eduación e sanidade porque non hai outra opción”, “a culpa é do PP”, “non nos deixa o PSOE”, “debería haber máis homes como Amancio Ortega”... unha sucesión de barbaridades que nos fan cavilar se realmente nos representan. Sería do meu agrado asistir a máis acontecementos similares, pero podendo expresar todas as miñas inquedanzas, que non son poucas.

***

Na miña opinión, a xornada de onte, que constou de dúas horas, pareceume bastante boa.

Os representantes dos tres partidos maioritarios en Galicia expuxeron os seus criterios e, pouco despois, debateron entre eles.

Creo que nos veu ben a todos os presentes, para refrescarnos a memoria sobre os seus ideais, aínda que penso que deberon falar un pouco máis sobre o que nos afecta aos estudantes. Tamén creo que tiveron que falar máis da crise actual e das solucións que oferta cada partido para paliala.

O tempo foi bastante xusto para a rolda de cuestións, polo que creo que tería que ser unha hora máis. As preguntas do alumnado eran uns dos aspectos máis importantes da xornada.

***

A min gustoume o debate electotal entre os tres partidos galegos que houbo onte. Foi interensante porque explicaron un pouco o que farían. Falaron durante uns 10-15 minutos cada un.

Os tres candidatos explicaron como se escolle ao presidente do goberno, como cada partido representaría o país, creando postos de traballo, por exemplo.

Gustoume a organización que tiñan en respecto ao tempo de falar, os turnos, explicacións, comentarios...