Para comentar Arde Mississippi

29.10.2014 06:16

 

Bótalle unha ollada á Declaración de Virxinia de 1776. Neste documento, base do sistema democrático, dinse como inherentes á persoa unha serie de dereitos. Sen embargo, a realidade dos Estados Unidos, estivo (está) marcada por discriminacións que atentan contra eses dereitos, tanto contra as mulleres como contra a poboación negra.

Sobre este último aspecto debes ler o texto autobiográfico dun escravo que acadou a liberdade, Vida de un esclavo contada por si mismo, que data de 1845. A escravitude foi abolida nos Estados Unidos como consecuencia da Guerra de Secesión. Pero a segregación racial continuo ao longo de case todo o século XX. Exemplo desa segregación foron os asasinatos de activistas polos dereitos civís ocurridos en 1964. Sobre ese acontecemento xira o filme Arde Mississippi, dirixido por Alan Parker en 1988. Dúas compañeiras, Karol e María, presentáronnos o filme.

Presta atención ás seguintes cuestións:

1. A película comeza cunha imaxe dun lavabo só para brancos e outro para xente de color (visita o apartado "Poder e liberdade"). Que outros exemplos de discriminación racial hai ao longo da película?

2. Cando os activistas son detidos na estrada, antes de seren asasinados, un dos criminais di: "No me llames amigo, judío de mierda", frase que reflicte a ideoloxía dos asaltantes, membros do KKK. Que outras características dese grupo aparecen no filme?

3. Que pretendían facer os mozos asasinados?

4. Que referencia hai a Martin Luther King?

5. Explica as relacións entre os axente do FBI e a policía local?

6. Que significa a seguinte conversa mantida entre os dous axentes do FBI?

    -"¿Cuánto atrasan los relojes en Mississippi?"

    -"Un siglo".

7. Un dos axentes do FBI pronuncia esta frase, que tes que explicar: "Ya había guerra antes de que llegáramos nosotros".

Ao longo do visionado, fomos marcando algúns planos, algunhas secuencias que nos poden axudar a interpretar o filme. Falamos por iso dos discursos do líder do KKK; salientamos os ataques non soamente contra os negros senón tamén contra os xudeos (WASP), os comunistas ("rojos"); destacamos a aparición das bandeiras confederais (mira no teu libro de texto as referencias a Guerra de Secesión); observamos a interpretación bíblica do racismo (Xénese: Dos naciones hay en tu seno,/Y dos pueblos serán divididos desde tus entrañas;/El un pueblo será más fuerte que el otro pueblo,/Y el mayor servirá al menor); insistimos na violencia racial pero tamén na de xénero

Debes ler tamén un capítulo das memorias do historiador norteamericano Howard Zinn. Podes tamén utilizar una noticia sobre un dos condenados.

Nesta mesma web atoparás, ademais, un cómic relacionado co racismo. Podes utilizalo para o teu traballo. 

Con todas estas informacións tes que redactar unha redacción, seguindo a estrutura habitual neste tipo de traballos, na que debes incluír a túa opinión sobre o filme. Intenta facer un comentario o máis persoal e o máis creativo posible.