Un mundo de nacións?

O século XIX foi o que veu nacer o que hoxe coñecemos como estados-nación. Foi o século dos nacionalismos, fenómeno que pervive ata os nosos días. As nacións buscaron o seu espazo, o seu territorio, nun proceso complicado no que o mapa de Europa e as súás fronteiras se foron modificando.

O mundo no que vivimos está cada vez máis globalizado. Globalización e nacionalismo son fenómenos que nos sempre se harmonizan.

A celebración do referendo celebrado en setembro de 2013 no que Escocia optou por permanecer no Reino Unido así como a situación de Cataluña, cuxo goberno pretende facer unha consulta declarada inconstitucional polo Tribunal Constitucional, sírvenos para empezar o curso pola cuestións dos nacionalismos. Aínda que tratada especialmente no Tema 2 (As revolucións liberais) é unha cuestión que podemos estudar ao longo de todo o libro de texto. E así o faremos, segundo o seguinte esquema:

  1. Fundamentos teóricos: pp. 56-60
  2. As revolucións burguesas: pp. 78-81
  3. Os novos estados: pp. 127-134
  4. I Guerra mundial: As rivalidades (p. 177); Os 14 puntos de Wilson (p. 190); Tratados de paz (p. 190); Sociedade de Nacións (p. 196); 
  5. Organización de Nacións Unidas:: 306
  6. Globalización: 406

O traballo relacionado con esta cuestión é a elaboración dun ensaio (unha páxina) no que relaciones catro textos lidos na aula. Trátase de que redactes un texto sobre o concepto de nación e nacionalismo, partindo deses textos, facendo referencia a eles.