Tema 9: Fascismos

 Comezamos o tema 9 coa lectura do relato Mañana parda. Breve fábula antifascista. Casualmente, neses días prensa daba unha noticia relacionada co problema que nos ocupa: os ascenso electoral dun grupo neonazi nas eleccións gregas. La Voz de Galicia do día 16 de maio de 2012 daba a seguinte nota sobre ese grupo:

A noticia fai referencia a unha das características dos fascismos, particularmente do antisemitismo, que levou ao réxime nazi a asasinar a seis millóns de persoas durante a II Guerra Mundial. É o fenómeno do Holocausto (a Shoa en hebreo). Os movementos neonazis negan a existencia daquel horror.

Para ilustrar o fenómeno do nazismo, veremos na clase o filme La Ola (2007), do director alemán Dennis Gansel. Presta atención as seguintes cuestións pues sobre elas terás que facer un ensaio:

-Que se entende por “autocracia”?

-Cales son as medidas que adopta o profesor, Rainer Wenger, ao longo da semana para conseguir que o proxecto funcione?

-Que elementos permiten que os alumnos se vexan subordinados ao grupo “La ola”?

-Analiza as seguintes frases:

            -“La ola es mi vida” (Tim).

            -“A mi también me tratas como a unha leprosa porque no llevo camisa blanca” (Karo).

-Responde ás pregunta que lanza o profesor:

-“¿Cuáles son los requisitos necesarios para que haya una dictadura?”.

-“¿Qué estruturas sociales favorecen las dictaduras?”.

-Como definirías o ambiente socioeconómico do alumnado?

-Por que se enfrontan partidarios anarquistas e partidarios de La ola?

-Como interpretas a frase “El poder mediante la disciplina, tremendo”, que pronuncia a nai de Karo?

-Que paralelismo existe entre a simboloxía nazi e a de La ola?

-Cres posible unha experiencia como a que reflicte a película?

E ti, que pensas? Pode volver unha ditadura aquí e agora?

-Establece relaciones entre Mañana parda. Breve fábula antifascista e La Ola.

Cal é a túa opinión sobre o filme? Gustouche?

 Le con atención o seguinte parágrago sobre o individuo e o estado, tirado da A doutrina do fascismo (1932) obra de Mussolini, líder fascista italiano:

"Sendo antiindividualista, o sistema de vida fascista pon de manifesto a importancia do Estado e recoñece ao individuo só na medida na que os seus intereses coincidan cos do estado (…). O liberalismo negou o estado en nome do individuo; o fascismo reafirma os dereitos do estado como a expresión da verdadeira esencia do individual (...) O fascismo encarna a única liberdade da que paga a pena disfrutar: a do Estado e a do individuo dentro do estado. A concepción fascista do estado abrángueo todo; fóra del non poden existir, e aínda menos servir, os valores humanos ou espirituais. (...) Para conseguir este propósito impón a disciplina e fai uso da autoridade adoptando a mente e rexindo como imperio indiscutible".