A I Guerra Mundial no cine
Falababamos noutro artigo sobre a visión que Jacques Tardi daba da I Guerra Mundial nas súas obras de banda deseñada. Tamén o cine se achegou en múltiples ocasións a este brutal acontecemento que provocou a morte de 10 millóns de persoas. Un dos directores que tratou o período foi Stanley Kubrick no seu filme Paths of Glory (1957).
Senderos de Gloria, título coa que a película se estrenou en España, está baseada nun feito real ocorrido durante a I Guerra Mundial. En 1916, na fronte francesa, durante o período da guerra de trincheiras, o mando francés ordenou a toma dunha posición inimiga. A orde era imposible de ser realizada polo que as tropas francesas non foron quen de avanzar. Os xenerais franceses bombardearon as súas propias tropas e fusilaron a varios soldados acusados de covardía.
Baseándose na novela, o director norteamericano dirixiu este filme, que non se proxectou en Francia ata 1972 (en España estivo prohibido durante a ditadura de Franco). Kirk Douglas representa ao coronel Dax, oficial que está directamente ao mando das tropas bombardeadas.
O teu traballo consiste en redactar un breve ensaio (unha páxina) na que inclúas as respostas ás seguintes cuestións:
-Contexto histórico: ano?, que fase da guerra?
-Que visión dá Kubrick do exército?
-Que relación hai entre oficiais e soldados?
-O coronel Dax di a seguinte frase: "El patriotismo es el último refugio de los canallas".
-Que idea pensas que pretende transmitir Kubrick con este filme?
-Gustouche?
-Por que cres que Senderos de gloria non se proxectou en Francia ata 1972? Por que estivo prohibida durante a ditadura de Franco?