A independencia dos EEUU

05.10.2011 07:37

Nos últimos días estivemos traballando o mundo do Antigo Réxime, tanto dende o punto de vista político como económico e social. A independencia dos EEUU (1776) foi a primeira "revolución democrática". Dela naceu un novo país pero tamén un novo sistema político no que os cidadáns eran, e son, recoñecidos como suxeitos de dereitos. Por isa razón faremos na aula o comentario da Declaración de Virxinia (1776).