Comentario de texto: Pacto da SDN

24.05.2012 17:53

Hai uns días, dentro do tema da I Guerra Mundial, fixemos na clase o comentario do Pacto da Sociedade das Nacións (1920). Alba fixo o seguinte traballo, do que podemos aprender moitas cousas:

Pacto da Sociedade das Nacións, 10 de xaneiro de 1920

As altas partes contratantes, considerando que, para fomentar a cooperación entre as nacións e para garantir a paz e a seguridade importa: aceptar certos compromisos de non recorrer á guerra; manter á luz do día as relacións internacionais (…); observar rigorosamente as prescripcións do dereito internacional, recoñecidas de aquí en adiante como regra de conducta efectiva dos gobernos; facer que reine a xustiza e respectar escrupulosamente todas as obrigas dos tratados (…).

Art. 8. Os membros da Sociedade recoñecen que o mantemento da paz esixe a redución dos armamentos nacionais ao mínimo compatible coa seguridade nacional e coa execución das obrigas internacionais impostas por unha acción común (…).

Art. 10. Os membros da Sociedade comprométense a respectar e a manter contra toda agresión exterior a integridade territorial e a independencia política presene de todos os membros da Sociedade (…).

Art. 16.1. Se un membro da Sociedade recorrese á guerra (…), os demais membros compormétense inmediatamente a romper inmediatamente toda relación comercial ou financiera con el (…).

Art. 16.2. Todo membro ao que se teña feito culpable de violar algún dos compromisos da Sociedade poderá ser excluido dela (…).

 

Este texto fálanos da Sociedade de Nacións (SDN), unha organización que foi construída por unha serie de países (as “altas partes contratantes” en palabras do documento.

Estamos en 1920 cando non se quería vivir novamente unha guerra mundial, a masacre que barrera Europa. Para iso compría establecer un organismo internacional que asegurarse o cumprimento dos tratado, que permitise a limitación de armamentos para evitar o abuso por parte dalgún estado, segundo podemos ler na introdución do texto.

A proposta máis característica foi a do presidente estadounidense Thomas Woodrow Wilson, que foi quen tomou a iniciativa cos famosos “14 puntos”  xa en 1917. foi considerada a máis axeitada para o momento.

Os principais obxectivos da SDN era preservar a “paz internacional” para evitar outra guerra como a de 1914-1918, promocionar un desarme (artigo 8) que impedise unha nova carreira de armamento como a que viviu Europa nos anos anteriores a 1914, e “manter á luz do día as relacións internacionais” pois a diplomacia anterior á guerra baseada nos chamados sistemas bismarckianos foi unha diplomacia segreda.

A sede da SDN estivo en Xenebra (Suíza), onde anualmente se reuniron os representantes dos estados que formaban a asamblea. Eran estes 32. Institucións como a Organización Internacional do Traballo ou o Alto Comisionado para os Refuxiados apoiaron o labor da SDN.

A SDN solucionou algúns conflitos menores, preocupouse pola saúde, polas drogas, pola prostitución. Daba confianza á poboación. Tiña normas que todos os estados debían cumplir como, por exemplo, as recollidas no artigo 16.1 do Pacto: “Se un membro da Sociedade recorrese á guerra (…), os demais membros compormétense inmediatamente a romper inmediatamente toda relación comercial ou financiera con el (…)”. Ante o incumplimento dos acordos do Pacto por parte dun país, os demais deberían cortar todo tipo de relacións. Foi o caso da URSS, por exemplo, que foi expulsada da SDN por agredir a Finlandia.

En resumidas contas, a SDN fixo un papel moi importante aínda que logo houbera unha Segunda Guerra Mundial. Na actualidade, a ONU (Organización das Nacións Unidas) desempeña funcións semellantes ás da SDN.

Alba