Estados pontificios

12.03.2013 17:43

Nestes días, por pouca atención que lle prestes aos medios de comunicación saberás que a Igrexa católica está a elexir un novo Papa. Celebrase o cónclave.

A Igrexa católica ten a súa sede no Estado do Vaticano, un pequeño territorio enclavado en Roma, a capital de Italia. Como é isto posible?

Se miras no teu libro de texto calquera dos mapas da Europa anterior a 1870 (páx. 11, páx. 27), verás que na zona centro da península itálica aparece os chamados Estados Pontficios, é dicir, o país gobernado polo Papa. Sen embargo, ese estado desapareceu en 1870, como fase final do proceso de unificación de Italia (páxs. 88-89). Dende entón, o Vaticano é a sede do Papado.

O Vaticano ten na esfera internacional o tratamento dun estado; de feito, ten embaixadores en moitos países, os chamados nuncios. A Cidade do Vaticano, a Santa Sede, está representada na Organización de Nacións Unidas, aínda que se dereito de voto. As relacións entre un estado e o Vaticano establécense a través dun documento diplomático chamado “concordato”.

Lembra que o artigo 16 da Constitución española de 1978 garante liberdade relixiosa e de culto de los individuos ao mesmo tempo que garante que ninguén poderá ser obrigado a declarar sobre a súa relixión. Aínda que ningunha confesión ten carácter estatal, a Carta Magna cita expresamente á Igrexa católica. Aínda que en España as esferas políticas e relixiosa, non se pode considerar un país laico.