O fascismo que non cesa

09.06.2013 14:51

Un mozo de 18 anos foi asasinado en París por militantes fascistas das chamadas Xuventudes Nacionalistas Revolucionarias.

Violencia, ultranacionalismo, odio ao estranxeiro, estética… son características que relacionan ao neofascismo cos fascismos dos anos trinta do século XX.

A fotografía recolle a imaxe destes neofascistas franceses. Dá medo!

Froito desta ideoloxía é o Holocausto, a Shoa, perpetrado nos campos de exterminio. A Biblioteca Ánxel Casal, de Santiago de Compostela, expón ao longo deste mes de xuño unha mostra, Auschwitz-Birkenau: unha mirada ao pasado, vintecinco fotografías das que é autor o coruñés Daniel Casal.

Os gardas dese campo de exterminio, como dos outros moitos que existiron na Europa controlada polos nazis, eran persoas sobre os que podes ler un interesante artículo "El ocio de los verdugos", publicado en El País do 9 de xuño de 2013.

l