Premio Príncipe de Asturias a Mafalda (e a Quino)

25.10.2014 12:24

 

 

É posible que o nome de Joaquín Salvador Lavado non che diga nada; pode pasar o mesmo co de Quino. Pero quizais coñezas a Mafalda, ben polo seu nome ben pola súa imaxe.

Joaquín Salvador Lavado, máis coñecido como Quino, ven de recibir o Premio Príncipe de Asturias pola creación de Mafalda, un personaxe de tira cómica. Hai máis de cincuenta anos o debuxante arxentino empezou a publicar no xornal bonaerense Clarín unha viñeta que tiña como protagonista a unha rapaciña, Mafalda, preocupada -con humor- polo mundo e enfrontada -con humor- aos seus maiores aos que responsabiliza da situación. 

Maflada é símbolo de rebeldía e, moitas décadas despois do seu nacemento, mantén un discurso aínda vixente. Quizais por iso, durante a cerimonia do premio moitos manifestantes pediron a Quino que renunciase ao galardón.

A páxina de Quino darache información sobre Mafalda, personaxe con que podes rir. Do seu autor, Joaquín Salvador Lavado, podes ler unha interesante entrevista de Leila Guerreiro.

Mafalda pode ser un interesante tema para a redacción dunha efeméride.