Unha visión do racismo en banda deseñada

27.11.2011 20:59

Juan Díaz Canales e Juanjo Guarnido son dous premiados autores de banda deseñada. Son os creadores de Blacksad, unha serie do xénero nego no que os personaxes son animais antropomórficos. O protagonista é un detective privado, John Blacksad, quen dá título á serie.

Entre os álbumes de Blacksad destaca un, Artic-Nation, que propón unha historia relacionada co racismo nos EEUU dos anos cincuenta do século XX. Se les Artic-Nation atoparás algunhas viñetas que te lembrarán esceas do filme  Arde Mississippi  ou o capítulo das memorias de Howard Zinn que traballamos na aula.

A historia contén unha referencia á canción Strange fruit, que tes recollida nesta web.

Na biblioteca do instituto atoparás este álbum, como outros da mesma serie.