25 de novembro: Contra a violencia de xénero

28.11.2011 07:14

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Na clase limos unha noticia do xornal Público (https://www.publico.es/espana/408772/los-jovenes-creen-que-en-una-relacion-ella-debe-complacerle-a-el) que dá os resultados dunha enquisa realizada a mozas e mozos entre 14 e 18 anos. O resultado parece sorprendente pois a mocidade parece aínda presa de moitas actitudes machistas. E ti, que pensas? Responde a enquisa que aparece na portada da web.