Charles Dickens cumple douscentos anos

27.12.2011 06:16

É probable que teñas escoitado falar dun rapaz orfo chamado Oliver, ou dun vello avarento, o señor Scrooge que explotaba aos seus empregados mesmo en Nadal. Eses e outros personaxes son clásicos da literatura universal, moitas veces levados ao cine, que foron creados por un importante escritor británico: Charles Dickens. En 2012 conmemorarase o bicentenario do seu nacemento. A súa obra é un espello da sociedade do século XIX que lle tocou vivir.

Bótalle unha ollada ao que conta este artigo deo xornal Público (26 de decembro de 2011):

https://www.publico.es/culturas/413929/charles-dickens-un-escritor-para-creer-en-los-milagros/version-imprimible