Da explotación laboral

30.01.2012 09:56

Seguimos traballando na clase sobre o movemento obreiro do século XIX. Limos neste mesmo blog un artigo sobre a explotación actual de nenas e nenos neste século XXI. Limos materiais e visualizamos películas sobre a explotación do proletariado no século XIX. Vivimos unha tremenda crise económica que afonda a explotación á que están sometidos traballadores e traballadoras, que somos a maior parte da poboación.

El Roto é un debuxante que publica diariamente as súas viñetas na prensa. Cada unha delas constitúe un auténtico tratado de economía, de filosofía, de política...

No mes de novembro editou un pequeno libriño, oitenta páxinas, que reproduce algúns dos seus traballos, agrupados baixo o expresivo título de Viñetas para una crisis (Barcelona, Reservoir Books, 2011).

Esta é unha mostra do libro: