Hugo e a invención do cine

20.03.2012 07:06

Cando estudamos as revolucións industriais, sabemos que a fotografía e o cine foron os seus fillos. No ano 1980, o escritor Carlos Casares publicou unha bonita noveliña, Ilustrísima, que narraba o impacto da chegada do cinematógrafo a unha cidade galega, a comezos do século XX. O novo invento provocou enfrontamentos entre os partidarios e os detractores do progreso. O bispo da cidade era favorable ao cine mentres que grande parte do clero non. De feito, presentaron ao bispo un informe que mostraba os perigos do cine, case un invento diabólico:

“Ao principio hai unha calma tensa, pero o fámulo e o vicario atacan directamente o bispo a través do voceiro El Testigo de Cristo, coa publicación dun artigo asinado polo bispo pero que realmente non escribira. O bispo esixe unha rectificación, pero o artigo quece os ánimos na cidade e o sector máis conservador e fanático ataca a familia italiana propietaria do cinematógrafo e ao director de El Liberal.

“O informe constaba de catro partes. Na prineira facíase unha descripción técnica, bastante clara e detallada, sobre o invento dos irmaus Lumière (…).liñaIgo unha breve historia do cinematógrafo, na¡ue destacaba a idea recurrente de rebaixar o mérito dos inventores franceses a base de diluilos nunha nebulosa de inxenios coadxuvantes, entre os que se citaban aos pais da linterna máxica, o fantascopo, o zoótropo, o estroboscopio, o fusil fotográfico e o kinetoscopio.

A terceira parte estaba dedicada a relatar perxuicios materiales causados polo invento, entre os que había que contar non menos de setenta incendios, algúns deles con mortas e feridos, e que a alta inflamabilidade da película celuloide empregada facía prever iban continuar. Unha referencia de pasada ao cuarto mandamento e ao pecado grave en que incurren aqueles que sin causa motivada poñen en peligro a propia vida (…).

Os teólogos remataban o seu estudio referíndose aos aspectos espiritualmente dañinos do novo invento. O cinematógrafo, ao que incidentalmente se descalificaba desde o punto de vista estético ("espectáculo de feria y sin gusto"), producía afloxamento da vontade, obnubilaba a capacidade de discernimento e creaba o espellismo e a ensoñación dunha falsa realidade. Item mais, a escuridade na que obrigadamente se tiña que realizar a proxección prestábase a excesos pecaminosos por todos fácilmente imaxinables. A este respecto tíñanse noticias fidedignas, que un elemental sentido da discreción aconsellaba non explicitar, de que no Cine Barbagelatta da cidade se tiñan producido situacións que a simple referencia á palabra orxía calificaba sóio aproximadamente e:on certa indulxencia.

Na parte final, os teólogos recollían noticias e rumores sobre determinadas películas que xa se proxectaban no extranxeiro e que incluían porcalladas e indecencias, e especulaban verbo do futuro. Imaxinaban a cidade plagada de antros como o que xa existía, multitudes amoreándose diante das suas portas pelexando por entrar, familias arruinadas, mozos idiotizados, nenos prematuramente encadeados a aquel novo vicio, roubos e atracos para poder mercar o boleto de entrada…”

Carlos Casares, Ilustrísima, Vigo, Galaxia, 1982, páxs. 64-66.

 

Pois ben, no momento no que estudamos a aparición do cine, estréase en España un “oscarizado” filme, A invención de Hugo, unha preciosa película de Martín Scorsese que nos conta unha historia do cine no cine, unha historia sobre a Historia do cine, unha historia sobre maxia do cine. En A invención de Hugo podemos ver o impacto que tiveron as primeiras proxeccións, como aquela dos irmáns Lumiére na que se veía a chegada dun tren a unha estación  e que provocou o pánico no público.

Hai outras películas recentes sobre a historia do cine como a tamén oscarizada The artist (Michel Hazanavicius, 2011), ou as anteriores A rosa púrpura de O Cairo (Woodye Allen, 1985) e Cinema Paradiso (Giuseppe Tornatore, 1988).