Máis sobre os neonazis

16.03.2013 12:28

De cando en vez aparece na prensa unha noticia sobre os grupos políticos de extrema dereita, próximos ao que nos anos trinta do século XX se coñeceu como nazismo. Hoxe falamos de neonazis. Entre os trazos que comparten estes movementos está o racismo

Esta mesma semana podemos ler nos xornais que nun xuízo contra uns neonazis, o seu avogado defensor chegou a facer declaracións tremendas como afirmas que os indixentes non son persoas. Ás veces parece que a Humanidade non aprende nada dos acontecementos pasados.

Se no buscador que aparece na esquina superior dereita de esta web escribes a palabra nazismo, atoparás outras entradas sobre a ideoloxía nazi ou neonazi, que no seu momento foi cualificada como “peste parda”.