Malala

24.10.2012 16:55

 Malala é unha rapaza paquistaní de catorce anos que leva dende os once facendo campaña para que as nenas poidan asistir á escola na súa rexión. Por esta razón, o pasado 9 de outubro foi tiroteada por un grupo de homes armados, talibanes, fundamentalistas islámicos que xustifican o atentado co argumento de que estaba promovendo a cultura occidental. Non é o único caso ocorrido, país no que varias activistas en defensa da educación da muller foron asasinadas nos últimos meses en Pakistán.

Se queres enviarlle unha mensaxe de solidariedade a Malala, actualmente nun hospital británico, pincha no seguinte enlace:

http://www.es.amnesty.org/actua/mensajes-malala/

Se queres máis información:

http://internacional.elpais.com/internacional/2012/10/10/actualidad/1349858160_977148.html