No 25 aniversario da caída do Muro de Berlín
Hoxe é 7 de novembro, aniversario da Revolución soviética de 1917, primeira revolución triunfante liderada por un partido obreiro. Dela naceu a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS), o primeiro país comunista da historia.
Seguramente case ningún xornal conmemorará esta data pero se celebrará a Caída do Muro de Berlín (9-10 de novembro de 1989), que non soamente puxo as bases para a unificación das dúas Alemañas (a República Federal de Alemaña, capitalista; e a comunista, a República Democrática de Alemaña, que fixo construír o muro de Berlín). Cúmprense nestes días o 25 aniversario deste acontecemento do que tes unha interesante reportaxe fotográfica (e moito máis) nun especial dixital do xornal elpais.com.
Non é casual que a edición máis moderna do noso libro de texto leve como foto de portada, precisamente, unha imaxe sobre a caída do Muro de Berlín.