Selma

25.01.2015 09:22

Ao longo do curso, levamos xa horas falando do nacemento dos actuais sistemas democráticos a partir das revolucións liberais, das revolucións burguesas. Igualdade ante a lei é unha das premisas sobre as que se apoia o sistema democrático. Porén, sabemos que non sempre foi así e que non sempre é así. Houbo, hai sectores da poboación que non teñen recoñecidos os seus dereitos. Acádanos soamente a través da súa loita.

Co visionado de Arde Mississippi, falamos da discriminación racial nos Estados Unidos e da loita polos dereitos civís, simbolizada no personaxe de Martin Luther King. O 27 de febreiro estrenarase en España un filme, Selma.

), sobre este tema. Selma é unha película dirixida por Ava DuVernay con opcións aos premios Oscar 2015. Esta cinta narra a loita polos dereitos civís, encabezada por Martin Luther King, entre outras persoas, ao longo da década dos sesenta do século XX. A marcha dende Selma ata Montgomery (Alabama) foi un fito determinante neste conflito.

O escritor Antonio Muñoz Molina ven de publicar un interesante artigo, Al final del puente, sobre este filme.

Lembra que neste blog hai unha lectura, Nadie es neutral en un tren en marcha, de Howard Zinn, relacionada coa loita polos dereitos civís. Neste mesmo blog podes atopar outras entradas sobre esta cuestión.