Sobre ruedas

08.06.2017 16:47

A comezos do curso 2016/2017, profesoras e profesores de 4º de ESO (Artes Plásticas, Ciencias Naturais, Física e Química, Xeografía e Historia, Inglés, Lingua Galega, Música e Tecnoloxía) empezaron a desenvolver un proxecto de traballo multidisciplinar e interdisciplinar ao redor do coche: “A sociedade do automóbil”.

“A sociedade do automóbil” ten por obxectivo reflexionar sobre como o coche condiciona as sociedades actuais e, xa que logo, a vida cidadá, as nosas vidas.

O proxecto pretende unificar, ademais, procedementos de traballo: como xerar unha presentación de powerpoint, rúbricas de avaliación ou como se presentan traballo escritos, por exemplo (https://millautoiesmilladoiro.blogspot.com.es/)

Unha das actividades realizadas dentro do proxecto foi o visionado do documental emitido por Canal Sur Sobre ruedas (Óscar Clemente, 2010; https://www.youtube.com/watch?v=_aHMIhDxnIM). O alumnado convertiu a análise e reflexión realizadas na clase nun breve ensaio, dispoñible no blog do proxecto, no que deu respostas a cuestións relacionadas co ámbito da Física e Química e o da Historia. Presentamos aquí os seus traballos. 

Sobre_ruedas.pdf (4,2 MB)