Videla

25.05.2013 09:01

Na páxina 381 do teu libro de texto podes ler que “dende mediados do século XX, os países latinoamericanos viviron unha axitada evolución política, con momentos de violencia revolucionaria e ditaduras militares”. O libro de texto continúa dicindo que “os militares comezaron a tomar o poder. Foi unha época de golpes de Estado e de ditaduras militares. Xeralmente, estes gobernos defendían os intereses da oligarquía e das compañías estranxeiras, exercendo unha dura represión no pobo, coma no caso de Arxentina e Chile na década de 1970”. Unha desas ditaduras foi a do arxentino Rafael Videla, Un tirano que nunca pidió perdón, recentemente falecido.

A de Jorge Vilela foi unha ditadura sanguiñenta: fálase de 30.000 persoas desaparecidas. Ademais, centenares de nenos foron substraídos ás familias opositoras e entregados a persoas adictas á ditadura. Unha película, La historia oficial (Luis Puenzo, 1985), conta este drama. Outros filmes narran a represión da ditadura como é o caso de La noche de los lápices (Héctor Oliverira, 1986); esta película conta a desaparición e asasinato de des estudantes de secundaria en setembro de 1976.

A música tamén se fixo eco do fenómeno dos desaparecidos. Inspirándose nas coñecidas con “Nais de Praza de Maio”, Sting, o músico británico, compuxo en 1987 They dance alone.

Pola súa parte, a banda U2 escribiu, tamén sobre as Nais de Maio, o tema Mother of dessapeared, https://www.youtube.com/watch?v=1ZBlT9ycecQ

Videla foi coetáneo doutro ditador latinoamericano, o chileno Augusto Pinochet. Vemos a ambos os dous nesta fotografía:

Sobre as ditaduras militares latinoamericanas, o escritor Antonio Skarmeta escribiu un impresionante relato: La composición. Sobre esta narración, alumnas e alumnos de Arzúa fixeron nubes de palabras.