As constituíntes

11.12.2012 19:28

 

O 6 de decembro conmemorase o aniversario da Constitución Española de 1978 porque ese día foi aprobada nun referendo.

A Carta Magna naceu dunhas Cortes Constituíntes elexidas por sufraxio universal, segundo os resultados dos comicios celebrados o 15 de xuño de 1977. Foron as primeiras eleccións celebradas dende a II República, réxime democrático interrompido pola ditadura franquista.

Nas eleccións xerais de 1977 foron elexidas unhas Cortes formadas por 350 deputados e 248 senadores. Desas 698 persoas, tan so 27 eran mulleres.

Aínda que o artigo 14 do texto constitucional proclama que os españois son iguais ante a lei e que o sexo non pode ser criterio de discriminación, aínda queda moito camiño por percorrer neste sentido. Aínda que non sexa o que máis preocupe a cidadanía, a propia Constitución (artigo 57) discrimina a muller na sucesión ao trono posto que o varón ten preferencia sobre a muller.

Hai uns días, un xornal publicou unha reportaxe sobre esas 27 primeiras mulleres deputadas, as constituíntes.