Capitalismo

Comezamos un novo bloque de contidos, desta volta sobre o capitalismo, concepto que non é a primeira vez que nos aparece no curso. Lembra que xa falamos del cando estudamos as  revolucións burguesas  e cando visitamos o tema sobre o movemento obreiro e a revolución rusa.

Unha das características inherentes a este sistema económico, na actualidade hexemónico no mundo, son as crises, que os historiadores da economía analizan como cíclicas. Vivimos unha desas crises, que deu comezo en 2008, precedida pola crise do petróleo (1973), a crise do 29 e a de 1871, entre outras.

As crises non son un asunto exclusivo da macroeconomía: teñen importantes repercusións na vida cotiá das persoas:

 

Aquí tes un minirrelato do que significa a crise para as persoas:

"Lo llaman crisis, y es de sueños también; a las pruebas me remito, de dormir siete horas profundamente he pasado a un insomnio que me impide dormir dos horas seguidas.

Mi maleta de trabajo ya no viaja y he cambiado las camisas por el pijama o el chándal, en el mejor de los casos.

La crisis acabó con mi trabajo y con parte de mi espíritu. Empecé bien, luchando, con un máster que me costó un ojo de la cara, el de las cuatro dioptrías claro. Seguí con ocho horas diarias de búsqueda activa de empleo que no dieron fruto. Y terminé dedicándome a unas oposiciones que no convocarán porque la educación ya no cuenta.

Y ahora, pues a esperar… ese cambio de vida, de ciudad o de país, que me permita dejar de sentirme inútil".

María Isabel García López, “Sin sueños”, El País Semanal, 8 de abril de 2012.

 

No blog desta web hai un post sobre a crise. Visítao e poderás ver que conta o alumnado dun instituto madrileño sobre a crise que estamos a sufrir.

E agora unha explicación macroeconómica da crise de 2008 segundo unha reportaxe do Programa de TVE chamado Informe Semanal: https://www.rtve.es/alacarta/videos/informe-semanal/informe-semanal-crisis-permanente/1169379/ me-semanal-crisis-permanente/1169379/