Auschwitz

29.01.2015 05:44

O 27 de xaneiro é o día escollido pola ONU para honrar ás vítimas do Holocausto. A información que deron os medios de comunicación foi variada. O xornal El País, por exemplo, ten unha impresionante galería de imaxes, algunha delas coa coñecida frase "Arbeit Match Frei" ("O traballo farávos libres") co que o campo de exterminio de Auschwitz acollía ás súas vítimas.

A Biblioteca do IES do Milladoiro conmemorou a data coa edición dun boletín con comentarios do alumnado do centro sobre libros e filmes que xiran ao redor do Holocausto.