Cine e Historia (1): Spielberg e a Primeira Guerra Mundial

26.12.2011 10:14

A Gran Guerra (1914-1918) foi quizais a primeira guerra industrial da Historia. A aplicación dos avances da ciencia á técnica de guerra provocou o nacemento dunha xeración de armamentos (gases, carros de combate, avións, ametralladoras...) que fixeron que os mortos e feridos da Primeira Guerra Mundial acadaran cifras nunca coñecidas. A pesar deses avances técnicos, os caballos foron utilizados masivamente. Soamente o exército británico comprou máis dun millón de cabalos, moitos dos cales morreron nos campos de batalla franceses. Esta é a historia que conta o director de cine Steven Spielberg na súa película Caballo de guerra, que será estrenada á volta do Nadal. Caballo de guerra está baseada na novela Caballo de batalla, publicada en 1982 polo escritor británico Michael Morpurgo, e editada en español recentemente pola editorial Noguer.

 Non é a primeira vez que Spielberg se acerca ao mundo da guerra, concretamente á Segunda Guerra Mundial (1939-1945). En 1998 estrenou o filme Salvar al soldado Ryan, unha superprodución cuxos primeiros vinte minutos reconstrúen maxistralmente o desembarco aliado en Normandía, nunhas imaxes que, sen dúbida ningunha, forman xa parte da historia do cine.

Spielberg fixo outra aproximación á Segunda Guerra Mundial, concretamente ao Holocausto, no seu filme La lista de Schindler (1993), gañador de sete premios Óscar.

Baseada en feitos reais, La lista de Schindler recolle a historia dun empresario alemán, Oskar Schindler, que conseguiu salvar do exterminio nazi a varios miles de xudeos en plena guerra mundial. Non foi un caso único: en pleno franquismo, un diplomático español chamado Ángel Sanz-Briz actou do mesmo xeito. Tes información sobre Sanz-Briz noutra entrada deste blog.