Deslocalización

29.04.2013 09:21

A semana pasada afundiuse un edificio en Bangladesh. Nel traballaban en obradoiros do sector téxtil, moitas persoas. Facíanno en condicións precarias. Unha parte da produción facíase para empresas europeas, algunhas tan coñecidas como El Corte Inglés ou Primark.

Dende hai xa décadas, as empresas occidentais trasladan o centro de produción, as fábricas, duns países a outros, sempre en busca de man de obra máis barata. É o que se coñece co nome de deslocalización. O resultado deste proceso é, en demasiadas ocasións, a explotación da man de obra, que realiza o seu labor nunhas pésimas condicións de traballo e por un salarios de miseria. É o caso de Bangladesh.

E a túa roupa onde está confeccionada? E os tenis que calzas?

Se queres saber máis sobre este tema, nesta mesma web atoparás outra información en Cosendo para Zara.