Día do Holocausto

27.01.2013 12:44

O día 27 de xaneiro de 1945, aos poucos meses do remate da II Guerra Mundial, as tropas soviéticas liberaron o campo de concentración de Auswitch, un dos moitos creados polo réxime nazi. Exterminaron a seis millóns de persoas.

Na porta de entrada ao campo de Auswitch os nazis puxeron a lenda “O traballo faravos libres”, cartel baixo o que pasaron miles de persoas aos que lles esperaba unha morte segura:

Nos últimos meses do conflito, as tropas aliadas foron liberando outros campos, como o de Mathausen, ao que pertence esta foto:

O cineasta estadounidense Steven Spielberg, que dirixiu en 1193 unha premiada película sobre o holocasto (A lista de Schindler),foi tamén o produtor dun documental sobre o mesmo tema (The last days, de James Moll), do que podes ver un fragmento ou a película completa

Para lembrar as vítimas e para traballar que non se repita ese horror, en 2005, a ONU proclamou o 27 de xaneiro como Día da Memoria do Holocausto. O Día do Holocausto de 2013  está dedicado ás persoas anónimas que traballaron para salvar aos xudíos da morte nos campos.