Dúas mulleres liberianas reciben o Premio Nobel da Paz de 2011
A Academia Sueca ven de outorgar o Premio Nobel da Paz a dúas mulleres liberianas. A noticia ten interese para o traballo que estamos a desenvolver por moitas razóns. Lembra, en primeiro lugar, que un dos eixes que estamos a tratar está relacionado cos presenza de muller na historia (As mulleres ). Un premio Nobel recae sobre dúas mulleres, o que non é nada frecuente na historia destes galardóns. Se alguén dixo dixo que a transformación social máis importante do século XX foi a visibilización das mulleres, quizais o século XXI sexa o da igualdade definitiva entre mulleres e homes.
A noticia é importante por outras cuestións que nos atinxen. Son dúas mulleres procedentes de Liberia, un país nado no século XIX co apoio dos EEUU Unidos (o símbolo dese apoio é o nome da capital do país e a súa bandeira) para albergar aos escravos negros que acadaran súa emancipación. Nestas semanas estamos a tratar, precisamente, o nacemento dos Estados Unidos, a primeira revolución democrática que, paradoxalmente, mantivo a escravitude ata ben entrado o século XIX.
Finalmente, cómpre destacar que Liberia é un país africano, un deses países que englobamos dentro da denominación do Terceiro Mundo, outro dos eixes do noso traballo (Os do Sur).