España no Consello de Seguridade da ONU

21.10.2014 07:31

 

O 16 de outubro a prensa informaba de que España volve a formar parte do Consello de Serguridade da Organización das Nacións Unidas como membro non permanente.

A ONU naceu en 1945 como institución de carácter supranacional co obxectivo de poñer as bases dun mundo no que non se volvesen producir conflitos como o que asolou o planeta entre 1939 e 1945.

Un dos organismos de Nacións Unidas é o Consello de Seguridade, unha especie de goberno da institución. Forman parte deste órgano permanente quince países, dos que cinco son permanentes (China, Estados Unidos, Francia, Gran Bretaña e Rusia, é dicir, os países vencedores na II Guerra Mundial), que teñen dereito de veto. Os outros dez son membros non permanentes, escollidos pola Asemblea Xeral da ONU por un periodo de dous anos. Agora España é un deles.

Para máis información, podes ler as páxinas 306-309 do teu libro de texto.