Para rematar o primeiro tema

22.10.2011 07:37

Cando esta semana fiinalizamos o visionado de Arde Mississippi, relacionamos os seus contidos co capítulo das memorias do historiador norteamericano Howard Zinn. Entre un e outro documentos atopamos diferencias, pero tamén semellanzas, como é a referencia ao líder da loita polos dereitos civís Martin Luther King. A figura deste personaxe levouno a doutro loitador contra o racismo e a segregación (o apartheid): Nelson Mandela. Sobre ambos personaxes nos falaran dous compañeiros.

O segundo exemplo de revolución liberal (burguesa, democrática...) é o da Revolución Francesa. Remataremos este primeiro tema estudando a figura de Napoleón e do seu imperio.