Preparando a visita ao Parlamento de Galicia

02.04.2013 19:06

O vindeiro martes 9 de abril visitaremos o Parlamento de Galicia e o Valedor do Pobo. Son dúas intitucións claves na estrutura do sistema democrático galego.

Dedicamos a clase do vernes 22 de marzo a ver algúns conceptos relacionados con estas institucións, sobre as que vimos esta presentación.

Lembra que SE VAS Á EXCURSIÓN tes que facer unha crónica da visita na que inclúas os seguintes conceptos: Constitución de 1978, grupos parlamentarios, hemiciclo, poderes (executivo, lexislativo, xudicial), soberanía e Valedor do Pobo. No teu escrito tes que engadir, ademais, unha cita do Estatuto de Autonomía de Galicia, indicando a fonte de onde a sacaches.

No caso de que NON VAIAS Á EXCURSIÓN, tes que buscar unha noticia actual da prensa, en calquera formato (prensa dixital, en papel, noticia de televisión...) que fale do Parlamento. Comenta esa noticia, indicando a fonte da que a sacaches, incluindo os seguintes conceptos: Constitución de 1978, grupos parlamentarios, hemiciclo, poderes (executivo, lexislativo, xudicial), soberanía e Valedor do Pobo. No teu escrito tes que engadir unha cita do Estatuto de Autonomía de Galicia, indicando a fonte de onde a sacaches.