Sobre a democracia

17.10.2011 08:02

O tema que estamos a estudar, as primeiras revolucións lliberais (independencia dos EEUU e Revolución Francesa), explícanos as orixes do sistema democrático. Esas revolucións puxeron as bases do sistema político no que se desenvolve a vida da cidadanía dunha grande parte do mundo. Sen embargo, esa cidadanía está dando mostras de descontento co funcionamento das nosas democracias por consideralas escasamente democráticas. O pasado sábado produciuse unha mobilización mundial a prol, precisamente, dun cambio global para acadar maiores niveis de democracia e participación. Podes ler o artigo do profesor Ramón Cotarelo sobre esta situación.