Van Gogh e o traballo nas minas

04.12.2012 18:58

Empezamos co mes de decembro o tema 4, dedicado á sociedade no século XIX. Unha sociedade que estivo marcada pola revolución industrial, proceso polo cal unha boa parte da poboación viviu do traballo asalariado. As condicións de vida e de traballo foron moi duras, especialmente nalgúns sectores como o da minería. O pintor Van Gogh viviu durante unha temporada nunha poboación mineira. Dos seus cadros nos deron conta dúas compañeiras, Antía e Nuria, nunha interesante presentación sobre Van Gogh o o traballo nas minas que fixeron na clase o día 4 de decembro.