Poder e liberdade

Comezamos o curso coas orixes do mundo contemporáneo, que os historiadores sitúan nas chamadas "revolucións burguesas", a Independencia dos Estados Unidos (1776) e a Revolución Francesa (1789), acontecementos considerados como punto de arranque dos sistemas democráticos actuais. Le con atención o seguinte relato:

Skarmeta_La_composición.pdf

Despois das primeiras explicacións na clase sobre o que significou o Antigo Réxime e as revolucións burguesas, facemos unha "excursión" cara ao presente e atopamos limitacións  no sistema democrático así como loitas populares para superar esas llimitacións. Le con atención o seguinte texto, dous capítulos dun libro escrito por un escravo que conseguiu a emancipación: Vida de un esclavo contada por sí mismo.

Le tamén Nadie es neutral en un tren en marcha. Historia personal de nuestro tiempo, fragmento da autobiografía dun historiador norteamericano recentemente falecido, Howard Zinn que, ademais de ser profesor participou . Observarás que no texto hai algunhas palabras en negrita sobre as que tes que reflexionar, así como algúns enlaces (Black & White; Strange Fruit).

Veremos de seguido o filme Arde Missisippi, presentado na clase por varias compañeiras. A película comeza cunha fotografía semellante a que Elliott Erwitt tomou en 1950 en Carolina do Norte.

 

Podes ver máis fotografías sobre a segregación racial nos EEUU en: https://supay-666.blogia.com/2008/100701-imagenes-de-la-segregacion-racial-en-los-estados-unidos-siglo-xx-...-gracias-a-i.php

O segundo exemplo de revolución liberal (burguesa, democrática...) é o da Revolución Francesa. Sobre este proceso falamos dende a toma da Bastilla

e a convocatoria dos Estados Xerais

ata a conformación da Asamblea Nacional Constituínte no Xogo da Pelota;

 dende a execución dos reis de Francia,

ata a instauración dun novo calendario,

a redacción da Declaración dos Dereitos do Home

 

ou dalgúns protagonistas da Revolución como os sans coulottes.

 

Remataremos este primeiro tema estudando a figura de Napoleón e do seu imperio.

Non foi doada a derrota do Antigo Réxime. De feito, a desaparición do imperio napoléonico supuxo a aparición da chamada Europa da Restauración (Tema 3). Partiremos do mapa da Europa de 1815, forxada no Congreso de Viena. O xendarme dos valores absolutistas daquela Europa foi a Santa Alianza, cuxo tratado leremos e comentamos na clase. Pero as arelas de liberdade explican as novas ondas revolucionarias que sacudiron a Europa en 1820, 1830 e, sobre todo, en 1848, na chamada "primavera dos pobos". A lectura das lembranzas de Alexis de Tocqueville sobre este acontecemento ilustra con claridade o seu signficado.

Pouco a pouco, con moitas limitacións, a democracia foise afianzando (Tema 5). Pero non chegaba a todos os segmentos da poboación por igual. As revolucións foron lideradas pola burguesía, e foi a burguesía quen máis se beneficiou delas. E a clase obreira? Dende había décadas, da man da industrialización capitalista a clase obreira, o proletariado, foi tomando conciencia de que era unha clase explotada (Tema 4). Houbo pensadores que teorizaron sobre esa explotación. O movemento obreiro foise fortalecendo. En 1917 estoupou unha revolución (Tema 6), a soviética, que pretendeu representar ao proletariado. Era unha revolución contra a democracia tal e como existira ata ese momento e unha revolución contra o capitalismo.