Tema 7: A Revolución Rusa
A revolución de 1917 foi a primeira vez na Historia na que se impuxo un sistema radicalmente oposto ao capitalismo. Supuxo o nacemento dun novo país, a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas. Corresponden estes acontecementos ao tema 7 do teu libro.
Lembra que a derradeira das Revolucións burguesas, a de 1848, coñecida como a Primavera dos Pobos tivo unha característica. Anos despois, en 1871, unha revolución en París facilitou a creación da chamada Comuna de París, un primeiro ensaio de sociedade rexida por leis distintas ás do capitalismo. Foi un experimento que durou unhas poucas semanas.
Comezamos este tema coa lectura dun fragmento da obra , do británico George Orwell. Vimos de seguido un documental da BBC, Bandera roja, sobre o as orixes da revolución, o seu triunfo e a instauración da ditadura stalinista. A revolta dos animais
Habería que esperar a 1917 para que unha revolución socialista triunfase. En non moitos anos, a URSS convertiuse en potencia mundial, que compartía a hexemonía mundial cos Estados Unidos, despois da II Guerra Mundial. Naceu daquela o chamado "mundo dos bloques", un mundo bipolar, unha época tamén coñecida como Guerra Fría (consulta o concepto no glosario do teu libro de texto).
A URSS desaparecu en 1992, despois de que o seu máximo líder, Mijail Gorbachov, puxera en marcha un proceso de reformas coñecido como "perestroika" (Tema 11, páxinas 331-333).