Neonazis

16.12.2012 08:07

O 11 de decembro, a prensa informaba de agresións contra xitanos e homosexuais ocorridas en Madrid. A policía acusaba dos feitos a mozos de ideoloxía, “ultra”, de “extrema dereita”, probablemente neonazis, herdeiros das teorías racistas de Hitler. Aínda seguen existindo.

Non é a primeira vez que tratamos neste blog nin na clase o problema do racismo. Lembra que vimos a película Arde Mississipi. Ademais, en De hoxe. Historia do mundo contemporáneo podes ver outras informacións sobre estas cuestións. Recoméndoche especialemente que visites a entrada “Unha visión do racismo en banda deseñada”.

Estudaremos o nazismo no tema 9 do teu libro de texto. Un dos componentes dese brutal movemento político é o racismo, especialmente o antisemitismo (p. 265), que levou a unha das maiores matanzas de toda a Historia: o Holocausto (p. 290). Seis millóns de persoas foron aniquiladas polo réxime hitleriano, a maior parte delas xudeos, pero tamén xitanos e homosexuais, entre outros grupos.