Esta é a páxina web da Historia do Mundo Contemporáneo, materia de 1ª de Bacharelato do  IES de Arzúa  (A Coruña). Nela atoparás documentos que facilitarán a comprensión e o estudo dos temas incluídos na programación.
No programa do curso poderás ler como vai estar organizada esta materia, que comeza co que os historiadores chaman as "revolucións burguesas" (seguro que sabes que a Revolución Francesa data de 1789) e chega ata os nosos días. O teu libro de texto está organizado en unidades didácticas que discurren cronoloxicamente nese período. Así o traballaremos pero, ademais, escolleremos outras cuestións como o poder, a hexemonía, a situación das mulleres... . De todos eles tes información nesta web.
Esta páxina tamén dispón dun blog, O blog De hoxe, que está aberto a túa participación. Anímate a escribir.
Espero que De hoxe. Historia do Mundo Contemporáneo sexa de utilidade. E que a disfrutes.

 

Capa da novela de Michael Morpurgo

Encuesta

Sínteste representada/o na enquisa sobre as actitudes machistas?

Non, en absoluto (42)
75%

Si nalgunhas respostas (5)
9%

Completamente representada/o (9)
16%

Votos totales: 56

Os teus traballos

Stanley Kubrick segundo Carla

08.05.2012 20:39
Esta éo traballo que preparou Carla para introducirnos a Stanley Kubrick, o director do filme Senderos de Gloria: http://www.youtube.com/watch?feature=endscreen&v=paw6Voy8byU&NR=1 Parabéns, Carla.

8 de Marzo: Día da Muller Traballadora

17.03.2012 20:06
A raíz da charla de  Mercedes González , profesora especializada en Historia das Mulleres, escribistes na clase as vosas impresións, que aparecen recollidas de seguido: Áurea e Leonor Iván Alba, Aldara e Marta Leticia e Natalia Marta e Jesús Jennifer e Rebeca Judit Iván e...

Avaliación do profesor

27.12.2011 11:05
O derradeiro día de clase do primeiro trimestre o profesor pasou unha enquisa para avaliar a marcha de asignatura. A enquisa, anónima e voluntaria, foi cuberta por 29 persoas. Aquí tes o resultado da mesma: Enquisa anónima 12-2011.pdf

Alexis de Tocqueville

06.12.2011 11:31
Olalla preparou esta presentación que nos permite saber un pouco máis sobre Alexis de Tocqueville: Alexis de Tocqueville.pdf

O debate electoral segundo a túa opinión

23.11.2011 18:15
Ante a celebración de eleccións xerais o 20 de novembro, os departamentos de Filosofía e Historia organizaron para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato un encontro cos partidos políticos galegos con representación parlamentaria. A actividade tivo lugar no Salón de Actos do Instituto o pasado luns...

Un comentario sobre a Declaración de Virxinia (1776)

13.11.2011 05:56
Raquel e máis Daniel fixeron este bo comentario sobre a Declaración de Virxinia. Pode servir de modelo para outros exercicios.  

"La composición" en nubes

01.11.2011 13:03
Ao principio do curso, limos na clase un relato de Antonio Skármeta, La composición, do que cada un de vós confeccionou unha nube de palabras. Aquí poderás ver é o resultado do voso traballo.